España

Preséntase unha guía para locutorios que inclúe fraseoloxía en catalán

A Confederación de Comercio de Cataluña (CCC) presentou o Gremio de Locutorios de Cataluña e a Guía básica do locutorio, dúas iniciativas que se enmarcan nos proxectos "O comercio acóllete" e "Abertos ao catalán", ambos co apoio da Dirección Xeral de Política Lingüística do Departamento de Cultura e da Dirección Xeral de Inmigración do Departamento de Benestar Social e Familia.

Fonte: Generalitat de Cataluña

Cataluña

O Concello de San Sebastián promove Mintzanet, unha ferramenta para practicar éuscaro en internet

Os presentadores de ETB Xabier Euzkitze e Kike Amonarriz, o actor Egoitz Lasa e o xogador de baloncesto David Doblas colaboraron con Mintzanet, un proxecto do Concello de Donostia que permite conversar en éuscaro a través de internet.

Fonte: EITB

País Vasco

No último nomenclátor galego inclúense máis de 41 000 topónimos, o que supón un terzo dos de toda España

«En Galicia, pola súa propia distribución administrativa e territorial, é onde hai e onde se recolleron máis topónimos», explica Jairo Javier García Sánchez, autor do «Atlas toponímico de España».

Fonte: ABC

Xeral

O Fútbol Club Barcelona estrea a súa nova conta de Twitter en lingua portuguesa

O Barça xa ten oito canles na rede social dos 140 caracteres despois da inclusión de @fcbarcelona_br. O portugués súmase ás contas xa existentes en catalán, castelán, inglés, francés, árabe, xaponés e indonesio.

Fonte: Sport

Cataluña

Sete de cada dez alumnos elixen o catalán como primeira lingua en Baleares

Sete de cada dez alumnos (70 %) de Baleares elixiron o catalán como primeira lingua no ensino de segundo ciclo de Educación Infantil (de 3 a 6 anos) e no primeiro ciclo de Educación Primaria (primeiro e segundo curso), mentres que só o 30 % optou polo castelán, segundo informou nun comunicado a Consellería de Educación, Cultura e Universidades de Baleares.

Fonte: Diario de Ibiza

Illas Baleares

As comunidades autónomas terán competencia absoluta sobre a materia da súa lingua oficial

O Goberno sinalou que o establecemento do currículo da materia Lingua Cooficial e Literatura, naquelas comunidades autónomas con lingua cooficial, reservarase integramente á comunidade autónoma que corresponda, o que supón que será o goberno autónomo o que determine o currículo na súa integridade, os obxectivos da materia, os horarios, os criterios de avaliación ou a metodoloxía.

Fonte: Europa Press

Xeral

O municipio navarro de Falces reclama a oficialidade do éuscaro cunha festa

A localidade navarra celebrou a 10ª edición do Faltzesko Euskararen Eguna, unha xornada na que participaron centos de veciños do municipio e na que, máis alá dos actos festivos, a reivindicación do éuscaro e a normalización desta lingua foron os protagonistas.

Fonte: Noticias de Navarra

Navarra

A lingua de signos de Canarias conta xa co seu primeiro dicionario

Canarias xa tiña a súa propia lingua de signos e, agora, conta tamén co primeiro dicionario de lingua de signos que reúne termos moi utilizados no arquipélago. Trátase dunha publicación moi novidosa que servirá para incluír a fala canaria na aprendizaxe desta lingua.

Fonte: RTVC

Illas Canarias

Un estudo propón revisar os perfís de éuscaro ante a falta de sintonía entre a acreditación e o uso

Un estudo do Goberno Vasco propón revisar algúns aspectos do sistema de perfís lingüísticos ao constatar que existe unha “disfunción” entre o coñecemento acreditado polos empregados públicos e o uso que estes fan do éuscaro. E conclúe que un dos problemas radica en que a formación vai máis dirixida a superar a proba que a ensinar a lingua para o seu uso real.

Fonte: Diario Vasco

País Vasco

Barakaldo suprime por completo as subvencións ao estudo do éuscaro

As persoas que o pasado ano se sumaron á aprendizaxe do éuscaro en Barakaldo non recibirán ningunha axuda económica. O Concello anunciou a través dun pequeno comunicado na súa páxina web que este ano non haberá subvencións para facer máis accesible o estudo da lingua vasca.

Fonte: Deia

País Vasco

Boletín

Subscríbase ao boletín

Logo Feder