España
Alcaldes da comarca de Oarsoaldea impulsan o deporte escolar en éuscaro
O Concellos de Pasaia, Errenteria, Lezo e Oiartzum reafirman o compromiso que adquiriron en 2008 de garantir a oferta do deporte escolar en éuscaro en toda Oarsoaldea. Para isto, convidan os clubs e as asociacións deportivas da comarca a que sigan os pasos desta iniciativa e así poder completar a axenda de actividades xa existente para nenos maiores de 12 anos de idade e adolescentes.
Fonte: Diario Vasco
A Generalitat de Catalunya anima os nenos e a mocidade a ver a televisión no sistema dual para mellorar o inglés
A conselleira de Ensino da Generalitat de Cataluña, Irene Rigau, instou a nenos e mozos a que visen a televisión no sistema dual “para perfeccionar o nivel de inglés” tanto lido como escoitado.
Fonte: Te Interesa
O TERMCAT difunde a terminoloxía do motociclismo en catalán con motivo do Gran Premio de Cataluña
Con motivo da celebración do Gran Premio de Cataluña no Circuíto de Montmeló, o Centro de Terminoloxía difundiu na sección “O apunte terminolóxico” da súa páxina web termos específicos do mundo do motociclismo e o motor.
Fonte: Generalitat de Cataluña
O Concello de Lezo dá axudas para fomentar o uso do éuscaro no contorno social
Como todos os anos, o Departamento de Éuscaro do Concello de Lezo dará subvencións co obxectivo de fomentar o uso do éuscaro no ámbito social e promover o coñecemento e a mellora do idioma tanto no contorno familiar como no social.
Fonte: Diario Vasco
A asociación Consumcat constata un “baleiro legal” no uso do catalán na publicidade da rúa
A Asociación Catalá Consumidores (Consumcat) concluíu nun estudo que hai “un baleiro legal insólito” nas leis lingüísticas catalás, ao non establecer a obrigatoriedade de usar o catalán na publicidade na rúa, senón que son os municipio quen poden regulalo.
Fonte: ABC
A Real Academia da Lingua Vasca solicítalle a Francia que declare o éuscaro lingua oficial
A Real Academia da Lingua Vasca/Euskaltzaindia solicitoulle ao Goberno de Francia “medidas concretas e efectivas de apoio e impulso ao éuscaro”, entre elas que se declare este idioma como lingua oficial. A misiva enviouse agora con motivo da creación en Francia dunha comisión consultiva para o fomento das linguas minorizadas.
Fonte: Diario Vasco
A Chunta Aragonesista anuncia mobilizacións desde municipios e comarcas para protexer as linguas de Aragón
Alcaldes, concelleiros e conselleiros de Chunta Aragonesista de sete comarcas nas que se usa o aragonés, xunto con cargos da formación, celebraron un encontro en Aínsa, onde anunciaron mobilizacións desde municipios e comarcas e asinaron unha declaración na que se recolle a insubmisión destes dirixentes á Lei de linguas.
Fonte: Aragón Digital
O éuscaro é a lingua minoritaria máis twitteada
O éuscaro é a lingua minoritaria que conta con máis usuarios e tweets na rede social Twitter, segundo un estudo realizado polo profesor Kevin Patrick Scanell da Universidade San Luis de Missouri.
Fonte: Euskara
A organización ICANN aproba o dominio .eus para a comunidade da lingua e a cultura vascas
Despois dun ano en fase de avaliación, a organización ICANN (Internet Corporation for Assigned Names and Numbers – Corporación de Internet para Nomes e Números Asignados) aprobou o dominio .eus para a comunidade da lingua e a cultura vascas.
Fonte: EITB
O Departamento de Cultura non renova as axudas á edición de libros en catalán en Menorca
Cultura non convocará este ano as axudas que outorgaba á edición de libros e outro material (CD ou DVD) en catalán producidos en Menorca ou cuxa temática fose de interese para a illa, e que no orzamento do pasado exercicio 2012 contaron cunha partida específica.
Fonte: Menorca
Boletín
Subscríbase ao boletín