España

O Concello de Bimenes celebra un ano máis a Festa da Oficialidade da Lingua Asturiana

Desde o Concello de Bimenes explican como, “a pesar das dificultades económicas, vai presentarse un programa de actividades ben completo que inclúe, ademais do pregón, a tradicional misa en asturiano, as actuacións de grupos folclóricos, o tamén tradicional almorzo popular, a final do XVI Concurso de Gaita de Bimenes e unha mostra de cuatreada”.

Fonte: Asturnews

Asturias

Plataforma pola Lingua denuncia nun vídeo a situación excepcional que vive o catalán na Unión Europea

A Plataforma pola Lingua e a Fundación Vincle contan nun vídeo a situación excepcional que vive o catalán dentro da Unión Europea. O vídeo, feito a raíz da entrada de Croacia o pasado luns 1 de xullo, como membro número 28 da Unión Europea, denuncia a situación que vive actualmente o catalán e compáraa con outras linguas cun número de falantes similar e incluso menor que si son oficiais na Unión.

Fonte: El Periódico

Cataluña

Os cursos de lingua e cultura españolas da Universidade de Salamanca cumpren medio século

Desde as súas orixes foron ampliando progresivamente a súa oferta formativa e o seu número de alumnos chegando a superar os 7000 anuais, procedentes de máis de 70 países.

Fonte: Salamanca 24 horas

Castela e León

Murcia celebra o English Arena Festival, o primeiro festival de artes escénicas en lingua inglesa

A produtora teatral Arena crea o English arena Festival (EaF), o primeiro festival de artes escénicas en lingua inglesa que nace coa vocación de ser un encontro anual onde teñan cabida todo tipo de xéneros escénicos, interpretados en inglés.

Fonte: La Verdad

Murcia

O 80,4 % dos exames da selectividade da Universidade das Illas Baleares contestouse en catalán

O 80,4 % dos exames das probas de acceso á Universidade das Illas Baleares contestouse en catalán, informa a institución docente, que apunta que o dato representa unha estabilización do uso desta lingua en valores considerablemente altos.

Fonte: Diario de Mallorca

Illas Baleares

O subtitulado para xordos acada o 50 % da programación nas canles públicas e o 45 % nas privadas

O Informe da CMT sobre accesibilidade dos contidos televisivos, publicado esta semana pola Comisión do Mercado de Telecomunicacións (CMT), presenta a actividade dos operadores con respecto ao cumprimento da lei xeral da comunicación audiovisual. Segundo este informe, a finais de 2012, a porcentaxe de horas emitidas con subtítulos foi do 50 % nas canles públicas e o 45 % nas privadas.

Fonte: Mundoplus

Xeral

O Concello de San Sebastián organiza un programa para que os escolares utilicen o éuscaro fóra das aulas

O Concello de San Sebastián volverá a pór en marcha o programa Haurrak Beti Jolasean para fomentar o uso do éuscaro fóra das aulas a través de xogos e actividades lúdicas.

Fonte: Diario Vasco

País Vasco

O Goberno de Cataluña reforzará o estudo da terceira lingua nos institutos

O Departamento de Educación activará o próximo curso en institutos, de forma piloto, o Plan de Acción para o Plurilingüismo Efectivo do alumnado, co obxectivo de reforzar a lingua estranxeira entre os estudantes cataláns.

Fonte: El Mundo

Cataluña

O 92 % dos estudantes de Menorca realizou a Selectividade en catalán

O 91,9 % dos estudantes menorquinos realizou os exames de selectividade en catalán. Os menorquinos son desta maneira os alumnos de Baleares que máis utilizaron a lingua propia para faceren os exames.

Fonte: Menorca al Día

Illas Baleares

As seccións bilingües aumentarán un 20 % o próximo curso escolar en Estremadura

A Consellería de Educación e Cultura de Estremadura autorizou a creación de 42 novas seccións bilingües en centros educativos da rexión para o curso académico 2013/2014, o que supón un incremento dun 20,68 por cento en relación ao curso anterior.

Fonte: Hoy

Estremadura

Boletín

Subscríbase ao boletín

Logo Feder