España

Comisións Obreiras e a Dirección de Política Lingüística de Cataluña fomentan o uso do catalán no ámbito laboral

Esta colaboración inscríbese no Plan de Fomento de uso do catalán no sector laboral que a Dirección Xeral de Política Lingüística leva a cabo con diversas organizacións deste ámbito.

Fonte: Generalitat de Cataluña

Cataluña

O Fútbol Club Barcelona obriga os seus canteiráns a aprenderen catalán por contrato desde os dez anos

O Fútbol Club Barcelona obriga por contrato os seus canteiráns que non falan catalán a aprenderen o idioma, a través de clases particulares financiadas polo propio club. Os mozos futbolistas de La Masia tamén deben acudir a actos organizados polo club ou sobre a cultura catalá, para potenciar a súa integración.

Fonte: El Confidencial Digital

Cataluña

O Departamento de Educación de Aragón inicia un programa de potenciación de linguas estranxeiras para centros non bilingües

O departamento de Educación, Universidades, Cultura e Deporte do Goberno de Aragón puxo en marcha a segunda fase do Programa Integral de Bilingüismo en Linguas Estranxeiras co que quere potenciar que os alumnos aragoneses aprendan outros idiomas.

Fonte: 20 minutos

Aragón

O concello de Beasain prorroga por outro ano o Plan Estratéxico do uso do éuscaro, aprobado en 2007

O Concello de Beasain aprobou o Plan Estratéxico do Plan Xeral de Promoción do Uso do Éuscaro (EBPN) para o período 2007-2011, alá por marzo de 2007. O Plan Estratéxico en si pretendía chegar a todos os ámbitos da poboación e da sociedade besaindarra: familia, colexios, institucións, empresas, medios de comunicación, entidades socioculturais, tempo libre, o ámbito relixioso, o deporte, as relacións sociais, entre outros.

Fonte: Diario Vasco

País Vasco

Unha campaña da Plataforma pola Lingua quere dar a coñecer o catalán aos turistas

A Plataforma pola Lingua impulsou a campaña "I love catalán. Lévate o catalán de vacacións" co obxectivo de dar a coñecer o catalán por todo o mundo a través dos turistas para transmitir a idea de que é unha “lingua de acollida, chea de vitalidade e integradora”.

Fonte: EL Diario.es

Cataluña

Un estudo constata que o modelo A propicia actitudes máis negativas cara ao éuscaro

Un estudo sobre as motivacións lingüísticas dos alumnos da ESO no País Vasco constata que os estudantes matriculados no modelo A, impartido en castelán co éuscaro como materia, propicia neles actitudes moito máis negativas cara á lingua vasca.

Fonte: ABC

País Vasco

Presentan o primeiro xogo en internet en éuscaro con formato trivial

A Fundación Azkue desenvolveu o primeiro xogo en liña en éuscaro con formato trivial, que permite xogar con seis usuarios ao mesmo tempo a través de 4800 preguntas sobre oito temas diferentes.

Fonte: El Mundo

País Vasco

A Generalitat Valenciana subvenciona empresas, comercios e industrias que fan actividades de promoción do valenciano

O Diario Oficial da Comunidade Valenciana publicou a Orde 69/2013, de 28 de xuño, pola que se convocan as axudas económicas destinadas a empresas, comercios e industrias, radicadas na Comunidade Valenciana, que desenvolven actividades de normalización e promoción do valenciano.

Fonte: Generalitat de Cataluña

Comunidade Valenciana

A Asociación Aldadis intúe que existe unha “animadversión á lingua árabe” no sistema educativo español

A Asociación Cultural Aldadis denunciou que “un ano máis, a lingua árabe sofre ataques que afectan a súa presenza no panorama educativo español”. Nunha nota remitida aos medios de comunicación, sinala directamente á Escola Oficial de Idiomas de Melilla, á que acusa de non dotar de suficientes cursos a pesar de contar cun alto número de solicitudes.

Fonte: El Faro Digital

Melilla

A Deputación de Biscaia e as asociacións Eudel e AEK lanzan unha campaña para fomentar o éuscaro

A iniciativa Zatoz euskarara englóbase en dous obxectivos principais. Por unha parte, preténdese fomentar a matriculación de persoas adultas nos centros de ensino do éuscaro (ou euskaltegis) de Biscaia para o curso 2013-2014, e por outra, animar o alumnado e os colectivos que se "euskaldunizan" progresivamente a que utilicen a lingua na súa vida cotiá e en calquera ámbito social.

Fonte: Deia

País Vasco

Boletín

Subscríbase ao boletín

Logo Feder