España

A Generalitat de Cataluña e o Colexio de Graduados Sociais de Cataluña traballan xuntos para fomentar o catalán

O conselleiro de Cultura, Ferran Mascarell, o de Xustiza, Germà Gordó, e o presidente do Ilustre Consello do Colexio de Graduados Sociais de Cataluña, Vicenç Cardellach, asinaron un acordo marco de colaboración para realizar accións conxuntas que fomenten o uso do catalán.

Fonte: Generalitat de Cataluña

Cataluña

As actitudes favorables á promoción do éuscaro duplican as contrarias ao seu impulso

A actitude ‘euskaltzale’ ou favorable á promoción do éuscaro duplica as posicións reticentes ao impulso desta lingua, segundo se recolle no estudo ‘O éuscaro na Comunidade Autónoma do País Vasco: competencia, uso e opinión’, presentado polo Goberno vasco.

Fonte: 20 minutos

País Vasco

O Goberno vasco destina dez millóns de euros para fomentar o éuscaro

O Goberno vasco adxudicou xa a maioría das subvencións, o 82 %, para o apoio a iniciativas de fomento do éuscaro no País Vasco, ao que destinará un total de 9 984 300 euros.

Fonte: El Mundo

País Vasco

A Deputación de Áraba inviste 216 000 euros en contratar técnicos de éuscaro para as cuadrillas do territorio

Entre as funcións e tarefas destes técnicos, salienta o poder axudar aos concellos e cuadrillas do territorio e aos concellos do Condado de Treviño, así como a estruturas dependentes destes e a asociacións, a fomentar e aumentar o uso do éuscaro. Tamén persegue promover o coñecemento e o uso do éuscaro entre os axentes do territorio que o soliciten, así como ofrecer un servizo de traducións para os axentes do territorio que así o demanden, ademais de coordinar e colaborar no desenvolvemento de actividades e programas recollidos no Plan Xeral de Promoción e Uso do Éuscaro.

Fonte: El Diario

País Vasco

O Censo de fomento da lingua catalá duplica os seus membros en dous anos

As fundacións ou asociacións inscritas no Censo de fomento da lingua catalá dobraron o seu número en apenas dous anos, tras lograrse este 2013 un incremento do 39,5 % con respecto ao curso pasado.

Fonte: ABC

Cataluña

A información sobre os equipamentos de lingua xa está dispoñible no buscador da Generalitat de Cataluña

O buscador de equipamentos da Generalitat incorporou recentemente os equipamentos de lingua, concretamente os centros de normalización lingüística e as oficinas de catalán en que se organiza territorialmente o Consorcio pola Normalización Lingüística.

Fonte: Generalitat de Cataluña

Cataluña

Murcia subvenciona a presenza de intérpretes de lingua de signos nas aulas da universidade

O Consello de Goberno de Murcia deu luz verde a unha subvención de 24 000 euros da Consellería de Sanidade e Política Social para desenvolver o proxecto de intervención de intérpretes de Lingua de Signos nas aulas da Universidade de Murcia.

Fonte: Murcia

Murcia

O Tribunal Superior de Xustiza de Navarra recoñece o dereito dos entes locais a regular o uso do éuscaro

O Tribunal Superior de Xustiza de Navarra recoñece a potestade das entidades locais para regular a utilización do éuscaro no seu ámbito competencial aínda que se trate de zona non vascófona.

Fonte: Noticias de Navarra

Navarra

O Concello de Tolosa dá un paso máis cara á normalización do éuscaro

O Concello de Tolosa deu outro paso máis a prol da normalización lingüística do éuscaro, tras asinar acordos de colaboración co euskaltegi Goiztiri AEK e a asociación Hitzaro Euskara Elkartea.

Fonte: Diario Vasco

País Vasco

O TERMCAT recolle a terminoloxía das festas de Menorca

O TERMCAT publica a Terminologia de les Festes de Menorca (Terminoloxía das Festas de Menorca), un dicionario en liña que incorpora os termos relativos aos diversos ámbitos que forman parte da festa.

Fonte: Generalitar de Cataluña

Illas Baleares

Boletín

Subscríbase ao boletín

Logo Feder