España
A asociación Faceira e o Concello de Astorga organizan Astúrica, unha convocatoria literaria en leonés
A asociación cultural Faceira e o Concello de Astorga convocaron uns novos galardóns literarios en leonés que levarán o nome de Astúrica.
Fonte: Diario de León
A vila navarra de Estella celebra un pasarrúas para sacar o éuscaro á rúa
O obxectivo desta rolda popular é “sacar o éuscaro á rúa”, como conta Koldo Viñuales. “Desta forma o éuscaro está presente nas festas e a xente pode gozar del de forma lúdica”, afirma. As cancións escollidas, todas elas en éuscaro, son cancións coñecidas.
Fonte: Noticias de Navarra
A Universidade de Navarra ofertará o próximo curso tres materias sobre lingua e cultura vascas
A Facultade de Filosofía e Letras da Universidade de Navarra, en colaboración coa Cátedra de Lingua e Cultura Vasca do centro universitario, ofertará no curso 2013-2014 tres materias sobre lingua e cultura vascas. Supón a base dun futuro itinerario de estudos vascos na facultade.
Fonte: Diario de Navarra
Os cursos de idiomas da Universidade de Granada perden un 40 % de estudantes
Cada vez hai menos estudantes nas aulas dos cursos de idiomas. Non é que non sexa necesario perfeccionar e aprender outras linguas. Ocorre todo o contrario. Cos plans de estudo do Espazo Europeo de Educación Superior (EEES) requírese dun certificado (B1) e o mercado laboral que cada vez obriga máis a viaxar a outros países tamén fai necesario dominar outras linguas. Aínda así, cada vez é maior a perda de alumnos nas clases de inglés, francés ou italiano.
Fonte: Ideal
A Consellería de Educación da Comunidade Valenciana concede axudas por valor de 100 000 euros para promover o valenciano
A Consellería de Educación, Cultura e Deporte concedeu axudas por un importe de 100 000 euros a 67 concellos e mancomunidades para a realización de actividades de promoción do uso do valenciano durante este ano. A convocatoria das axudas establece como obxectivos prioritarios a promoción do valenciano nos diversos ámbitos da actuación municipal, así como dar apoio ao uso do valenciano na comunicación social e facilitar a súa utilización por parte dos cidadáns.
Fonte: Las Provincias
O colectivo Euskalgune ofrecerá diversas actividades para promover o éuscaro nas festas de Bilbao
Os membros do colectivo Euskalgune ofrecerán durante a semana grande de Bilbao diversas actividades en éuscaro que se caracterizarán por ser “participativas e accesibles para todos” co obxectivo de promover o éuscaro durante os festexos.
Fonte: El Correo
O Departamento de Cultura da Generalitat de Cataluña apoia os cursos de catalán na Universidade de Verán
A XLV Universidade Catalá de Verán terá lugar do 16 ao 23 de agosto de 2013 e contará cun amplo programa que inclúe disciplinas diversas, como as ciencias da saúde, a economía, o dereito ou a historia. A área da lingua terá un papel destacado, xa que se ofrecen diferentes cursos con apoio da Dirección Xeral de Política Lingüística do Departamento de Cultura.
Fonte: Generalitat de Cataluña
O Departamento de Educación de Castela-A Mancha aproba a dobre titulación de Bacharelato de español e francés
O Diario Oficial de Castela-A Mancha publicou unha resolución da Dirección Xeral de Recursos Humanos e Programación Educativa que ten por obxecto aprobar as instrucións que establecen a incorporación e impartición do currículo mixto da dobre titulación de Bacharelato e Baccalauréat –Bacharelato francés- na rexión.
Fonte: La Información
O recurso á Lei de linguas de Aragón chega ao Tribunal Constitucional
A Lei de linguas de Aragón chegou ao Tribunal Constitucional (TC) recorrida por Chunta Aragonesista, PSOE e Izquierda Unida.
Fonte: Heraldo
A primeira edición da iniciativa de promoción do éuscaro Agoitz Kantuz congrega numerosos veciños en Aoiz
Como novidade no programa festivo, a vila navarra de Aoiz levou o éuscaro á rúa coa primeira edición do Agoitz Kantuz, onde numerosos veciños se deron cita para interpretar cancións populares en éuscaro.
Fonte: Noticias de Navarra
Boletín
Subscríbase ao boletín