España

O TERMCAT publica a primeira entrega do ‘Dicionario de circo’

O Diccionari de circ (acrobàcia, aeris i equilibrisme), Dicionario de circo (acrobacia, aéreos e equilíbresmos), pon ao alcance dos usuarios unha selección de termos dos Diccionari de circ (Dicionario de circo), que elabora o TERMCAT co apoio do Departamento de Cultura da Generalitat de Cataluña e a colaboración da Asociación de Profesionais do Circo de Cataluña.

Fonte: Generalitat de Cataluña

Cataluña

Esquerda Plural propón que as linguas dos inmigrantes sexan optativas nos colexios

Esquerda Plural propón no Congreso que os centros educativos ofrezan de forma optativa algunha das linguas maioritarias que falan os alumnos inmigrantes.

Fonte: El Mundo

Xeral

A Universidade de Valladolid e o Padroado sobre Discapacidade colaboran a favor das persoas xordas

A Universidade de Valladolid e o Real Padroado sobre Discapacidade, a través do Centro de Normalización Lingüística da Lingua de Signos Española (CNLSE), asinaron un convenio de colaboración dirixido a fomentar a formación e investigación da lingua de signos española. Este convenio permitirá que ambas entidades traballen no desenvolvemento de proxectos de investigación, actividades de difusión e divulgación da lingua de signos española tanto de carácter académico como cultural e intercambio de publicacións que resulten de interese.

Fonte: ABC

Castela e León

O Goberno vasco alerta de que ‘está en xogo a vitalidade do éuscaro’

O viceconselleiro de Política Lingüística do Goberno vasco, Patxi Baztarrika, advertiu que en Euskadi estase lonxe dun “bilingüismo equilibrado” e de que “está en xogo” a “vitalidade” do éuscaro, pero non a súa “supervivencia para dúas ou tres xeracións”.

Fonte: EITB

País Vasco

O Concello asturiano de Castrillón contratará un filólogo especialista en lingua asturiana

O seu cometido será traducir ao asturiano folletos e todo tipo de publicacións editadas polo concello, os rótulos das dependencias municipais, os discursos institucionais e a páxina web do Valey Centro Cultural, ademais de participar en actividades extraescolares co fin de asesorar os monitores.

Fonte: El Comercio

Asturias

O Concello de Eskoriatza pon en marcha o proxecto ‘Auzoko’ para coñecer a lingua e a cultura vascas

O Concello de Eskoriatza, en colaboración con Euskaltzaileen Topagunea, porán en marcha o proxecto Auzoko, que ten por obxectivo dar a coñecer ás persoas non vascoparlantes a lingua e a cultura vascas, facendo do éuscaro a lingua común de comunicación.

Fonte: Diario Vasco

País Vasco

A Academia Valenciana da Lingua enviaralles publicacións en valenciano aos institutos para promover o uso desta lingua nas aulas

A Academia Valenciana da Lingua (AVL) enviaralles un lote de publicacións editadas pola institución aos institutos da comunidade no marco da campaña de promoción e difusión do valenciano bautizada como ‘A AVL na aula’.

Fonte: 20 minutos

Comunidade Valenciana

As matriculacións para aprender idiomas quintuplícanse en Salamanca desde o inicio da crise

Cada vez son máis a persoas que estudan outra lingua para aumentar as súas posibilidades laborais, ben sexa en academias particulares ou na Escola Oficial de Idiomas, que cubre practicamente todas as súas prazas, 5000 durante o último curso.

Fonte: Salamanca 24 horas

Castela e León

A Deputación de Huesca concederalles bolsas aos alumnos de Filoloxía Aragonesa

A Deputación Provincial de Huesca daralles bolsas aos alumnos do Diploma de Especialización en Filoloxía Aragonesa, impartido pola Universidade de Zaragoza no campus oscense, cun 50 por cento de redución no prezo da matrícula.

Fonte: Heraldo

Aragón

O Goberno vasco faralles unha homenaxe aos adultos que aprendan éuscaro

“O novo falante de éuscaro merece o recoñecemento de toda a cidadanía”, dixo o viceconselleiro de Política Lingüística, Patxi Baztarrika, na inauguración do curso dos euskaltegis. Baztarrika anunciou que por iso “na presente lexislatura”, o instituto público de alfabetización de adultos (HABE) e o Goberno vasco van “realizar unha iniciativa específica e significativa que exprese o recoñecemento e homenaxe que os novos falantes de éuscaro merecen”.

Fonte: El Mundo

País Vasco

Boletín

Subscríbase ao boletín

Logo Feder