España
EiTB e Euskaltzaindia traballarán xuntos na difusión e afianzamento do éuscaro
A directora de EiTB, Maite Iturbe, e o presidente de Euskaltzaindia, Andrés Urrutia, renovaron o acordo de colaboración entre ambas as entidades ata 2016, en virtude do cal os medios de comunicación do ente público vasco axudarán "á difusión e afianzamento do modelo de éuscaro estándar de calidade".
Fonte: Deia
O Tribunal Constitucional avala que o catalán non sexa un requisito para os funcionarios de Baleares
O Tribunal Constitucional sentenciou que o catalán non debe ser un requisito xeral para converterse en funcionario en Baleares, aínda que si constitúa un mérito para puntuar, co que avala a reforma da Lei de función pública de Baleares acometida polo Executivo de José Ramón Bauzá.
Fonte: La Vanguardia
Miles de persoas maniféstanse en Baleares contra o Tratamento Integrado de Linguas
Miles de persoas manifestáronse na Praza de España de Palma e outras rúas de Menorca e Eivisa contra o Tratamento Integrado de Linguas (TIL). A proposta foi en defensa da retirada completa do TIL e a educación pública e en apoio á folga indefinida de docentes que durante as dúas últimas semanas viven os centros públicos das illas.
Fonte: El Mundo
León recoñece a "realidade lingüística" das zonas galegofalantes do Bierzo
O Cancioneiro de Oencia "recolle a realidade lingüística e lírica do pobo en zonas que teñen profundas e arraigadas tradicións populares". Isabel Carrasco, presidenta da Deputación de León, recoñeceu con estas palabras algo que non adoitan recoñecer os políticos leoneses; que no Bierzo tamén se fala galego.
Fonte: Galicia Confidencial
Ata o 31 % das ofertas de traballo require saber unha lingua estranxeira
O 31,3 % das ofertas de traballo require saber unha lingua estranxeira, unha porcentaxe que pode duplicarse para perfís cualificados ou sectoriais de actividade específicos, pese a que 6 de cada 10 empregados aseguren que non utilizan os idiomas que lles esixiron ao ser contratados.
Fonte: El Comercio
A lingua e a cultura chinesas revalidan a súa oferta formativa en Fuerteventura
Nesta ocasión, segundo comunicou o Cabido de Fuerteventura, o programa lectivo diríxese tanto a nenos e novos como a adultos e será impartido por profesores nativos.
Fonte: RTVC
A industria da dobraxe en éuscaro está en perigo de desaparecer
A produción, que se limita a series de animación, caeu á metade en apenas cinco anos. A industria da dobraxe en éuscaro, que agrupa a uns 200 profesionais, non esconde a súa desesperación e avisa de que se non cambia a política do Goberno vasco e da televisión pública vasca, non sobrevivirá.
Fonte: El Correo
O 81 % dos cataláns defende a inmersión lingüística fronte ao intento de diluíla
O apoio xeneralizado dos cataláns ao modelo vixente de inmersión lingüística, que acada ao 80,7 % dos consultados. É unha das principais conclusións da enquisa de Feedback para La Vanguardia.
Fonte: La Vanguardia
O Goberno valenciano encarece a aprendizaxe de idiomas con taxas un 15 % máis altas
Os estudantes do ámbito universitario non van ser os únicos en verse afectados pola suba das taxas. A lei de acompañamento dos orzamentos da Generalitat Valenciana inclúe un incremento do 15 % nunha vintena de taxas académicas non universitarias. O aumento desas cotas afecta especialmente á aprendizaxe de idiomas.
Fonte: Levante-emv
Un estudo realizado na Universidade de Huelva determina que a música facilita a aprendizaxe do inglés como lingua estranxeira
A música facilita a aprendizaxe do inglés como lingua estranxeira nos nenos, incrementando non só a comprensión oral, senón tamén a produción oral e a lectora, segundo una investigación efectuada na Universidade de Huelva.
Fonte: Ideal
Boletín
Subscríbase ao boletín