España
Presentan o concurso de microvídeos “Agasalla o catalán en 6 segundos” para promover a lingua catalá
A Dirección Xeral de Política Lingüística do Departamento de Cultura puxo en funcionamento o concurso “Agasalla o catalán en 6 segundos”, unha nova iniciativa destinada especialmente á xuventude para promover o uso do catalán nas redes sociais, no traballo, nas relación sociais...
Fonte: Generalitat de Cataluña
Denuncian a falta de lingua de signos e subtítulos durante o temporal nas illas Canarias
A Federación de Asociacións de Persoas Xordas das Illas Canarias (Fasican) denunciou que durante o pasado temporal as persoas xordas estiveron “desprotexidas” polo feito de que nas televisións non houbo información en lingua de signos nin subtítulos.
Fonte: La Opinión
Convócase en Abadiño un concurso para escoller o mellor piropo en éuscaro
A agrupación cultural Barrizten, en colaboración co Concello de Abadiño, convocou o primeiro Concurso de Piropos en éuscaro co obxectivo de fomentar «dunha forma lúdica» o uso literario desta lingua.
Fonte: El Correo
Os concellos de Oarsoaldea fomentan o éuscaro nos comercios
Desde hai xa algúns anos, os concellos de Errenteria, Lezo, Oiartzun e Pasaia unen esforzos, a través da Comisión de Éuscaro de Oarsoaldea, para fomentar a normalización do éuscaro no sector do comercio e da hostalería. Co obxectivo de “aumentar a presenza” desta lingua nestes establecementos, ofrécelles aos seus responsables un servizo gratuíto que abrangue tradución, maquetación, diferentes soportes para a paisaxe lingüística en éuscaro e asesoría técnica.
Fonte: Diario Vasco
A páxina web de turismo gastronómico “Saboreando Asturias” ofrece un vocabulario gastronómico trilingüe
Por iniciativa do Servizo de Política Lingüística, a páxina web de turismo gastronómico “Saboreando Asturias” ofrécelles ás persoas interesadas un vocabulario relacionado coa comida cuns 400 termos en castelán e a correspondencia en asturiano e galego-asturiano. Desta forma, facilítase a consulta e pódense comprobar correspondencias, ademais de comparar vocábulos entre unhas linguas e outras.
Fonte: Asturnews
O Goberno vasco destina case un millón de euros a fomentar o éuscaro
O Consello do Goberno vasco aprobou a orde pola que se regula e convoca a concesión de subvencións para a promoción, difusión ou normalización do éuscaro na sociedade, durante o ano 2014, que conta cun importe económico próximo ao millón de euros, 979 200 euros en concreto.
Fonte: Deia
Inician unha campaña para animar a que as persoas usuarias configuren os móbiles e outros aparellos electrónicos en catalán
A Dirección Xeral de Política Lingüística do Departamento de Cultura lanza a campaña “Vols que el teu móbil parli com tu?” (Queres que o teu móbil fale coma ti?), unha iniciativa para animar os usuarios de ordenadores, móbiles e tabletas dixitais a configuralos en catalán, seguindo unhas simples instrucións.
Fonte: Generalitat de Cataluña
Escola Valenciana denuncia a eliminación de unidades en valenciano conseguidas tras sentenza xudicial
Escola Valenciana denunciou que a proposta de arranxo escolar do curso 2014-2015 realizada pola Consellería de Educación elimina algunhas unidades de ensino en valenciano que se conseguiran despois de que o Tribunal Superior de Xustiza da Comunidade Valenciana estimara os recursos presentados por varias familias e instara a habilitar liñas en lingua autóctona pola falta de oferta.
Fonte: El Economista
A Casa Real ofrece versións distintas en catalán e valenciano da mensaxe de Nadal do Rei
A páxina web da Casa Real ofrece na súa ligazón sobre a "Mensaxe de Nadal da Súa Maxestade o Rei" o audio de voz e o texto coas palabras que o Rei Xoán Carlos I dirixiu a pasada Noiteboa a todos os españois. Baixo o epígrafe de "recursos", o portal ofrece a tradución do texto ao inglés así como a todas e cada unha das linguas cooficiais españolas. E claro está, distingue entre a versión catalá e a valenciana.
Fonte: Las Provincias
O Plan de éuscaro de Eibar trata de normalizar o seu uso nas entidades públicas
O Concello de Eibar aprobou o quinto Plan de éuscaro cuxo obxectivo é "abranguer novos ámbitos dirixidos á normalización do idioma e a posibilidade de contar coa opción de vivilo, na cidade, tanto nas relacións cotiás como no ámbito de traballo municipal".
Fonte: El Correo
Boletín
Subscríbase ao boletín