España
A lingua española contén 10 000 palabras árabes
O director do Instituto Cervantes, Víctor García de la Concha, destacou que a lingua española contén preto de 10 000 palabras árabes, recollidas no dicionario da Real Academia da Lingua. Así o destacou durante a celebración no Congreso dos Deputados do Foro Parlamentario Hispano-Marroquí que tratou as ‘Relacións culturais no marco dunha herdanza común”.
Fonte: Voz Pópuli
Inauguran na localidade navarra de Lodosa un euskaltegi para potenciar o uso do éuscaro
Xa abriu as súas portas na localidade de Lodosa o euskaltegi de AEK, que nace co obxectivo de “potenciar e impulsar o éuscaro nunha zona non vascófona”.
Fonte: Noticias de Navarra
O Parlamento balear aproba o Decreto Lei de tratamento integrado de linguas
Na sesión plenaria do Parlamento, que estivo protagonizada, tanto dentro da Cámara como fóra desta, pola educación, validouse o decreto 5/2013 de 6 de setembro, en medio dunha polémica que levou á comunidade docente a participar nunha folga indefinida e á realización de diversas protestas a pé de rúa. Segundo o Goberno balear, a norma “é urxente e necesaria” para evitar que os centros carezan do proxecto lingüístico.
Fonte: Menorca Info
Acordan que a nova lei de educación considere o castelán lingua vehicular en toda España
PP e UPyD xa alcanzaron un acordo para que a Lei orgánica de mellora da calidade educativa (LOMCE) recolla expresamente que o castelán sexa a lingua vehicular no ensino de todo o Estado.
Fonte: Europa Press
España é o terceiro país da Unión Europea con menos adultos que falan unha lingua estranxeira
España é o terceiro país da Unión Europea –só superado por Hungría e Bulgaria- con menor número de adultos entre 25 e 64 anos que declaran falar polo menos unha lingua estranxeira. Só o 51 % dos españois coñece outro idioma, unha porcentaxe que se sitúa moi por debaixo da media comunitaria (66 %), segundo un estudo publicado pola oficina estatística Eurostat.
Fonte: La Vanguardia
O persoal de turismo de Segovia fórmase en cultura e lingua de China
Os traballadores da Empresa Municipal de Turismo de Segovia, tanto de información turística como dos departamentos que traballan na creación e comercialización de produtos dirixidos a novos segmentos de mercado, participan nun curso en que aprenden a cultura e a lingua chinesas co fin de comprender mellor o turismo do país asiático e ofrecerlle un servizo personalizado.
Fonte: El Norte de Castilla
Pamplona e a Academia da Lingua Vasca renovan o convenio para fomentar o éuscaro
O Concello de Pamplona e a Real Academia da Lingua Vasca, Euskaltzaindia, renovaron o convenio para o fomento e promoción da lingua vasca entre a cidadanía da capital navarra.
Fonte: ABC
A festa valenciana pola lingua reivindica que non se divida a lingua catalá
O manifesto do Correllengua reivindicou a unidade da lingua, “fronte a calquera invento de marxinala ou dividila” e a expresión dunha vontade de traballar por un País Valenciano lingüisticamente normal, e que as autoridades non sexan unha dificultade para esta normalidade”.
Fonte: El Periódico Mediterráneo
A Universidade de Alacant aproba un plan de capacitación en valenciano e en linguas estranxeiras
O documento, elaborado conxuntamente pola Vicerreitoría de Estudos, Formación e Calidade e o de Cultura, Deportes e Política Lingüística, obedece “a orde publicada pola Consellería de Educación que atribúe ás universidades as competencias para expedir a capacitación docente en valenciano e en linguas estranxeiras”.
Fonte: Diario Información
O Val de Aranguren aproba unha ordenanza para fomentar o éuscaro
O Concello de Val de Aranguren aprobou a primeira ordenanza que regula o uso e fomento do éuscaro neste municipio que en 2010 quedou incorporado á zona mixta.
Fonte: Diario de Navarra
Boletín
Subscríbase ao boletín