España
O plan de promoción do éuscaro de Getxo incidirá nos inmigrantes e o ocio
O Concello de Getxo elaborou un plan de promoción do éuscaro para o período 2013-2016 que inclúe máis de 300 accións e que incidirá nas persoas que non se achegaron ao éuscaro, nos inmigrantes e no ocio.
Fonte: ABC
Xesús Vázquez apoia en Madrid a difusión da obra de Rosalía de Castro con motivo do 150º aniversario de “Cantares Gallegos"
O conselleiro de Cultura, Educación e Ordenación Universitaria, Xesús Vázquez Abad, inaugurou, en Madrid, o ciclo “Rosalía de Castro: Tradición e Modernidade”, co que se da un novo paso para achegar a figura e a obra da escritora galega a todo o público.
Fonte: Xunta de Galicia
O PSOE denuncia a supresión de clases de galego no Bierzo e en Zamora
O procurador socialista por Zamora, José Ignacio Martín Benito, denunciou no pleno das Cortes o incumprimento do artigo 5 do Estatuto de Autonomía de Castela e León e do “atentado contra as linguas da Comunidade” que supón a política de recortes da Junta ao suprimir clases de galego no Bierzo e Zamora.
Fonte: InfoBierzo
A Confederación Estatal de Persoas Xordas denuncia a ausencia de intérpretes de lingua de signos nos colexios
A Confederación Estatal de Persoas Xordas (CNSE) denunciou que, cando se cumpren seis anos da lei que recoñeceu a lingua de signos castelá e catalá, aínda hai alumnos con discapacidade auditiva escolarizados en España que non dispoñen dun intérprete en clase que lles traduza a lección do profesor.
Fonte: Europa Press
As xeracións máis novas son as que máis utilizan o éuscaro en Andoain
As xeracións máis novas son as que máis utilizan o éuscaro á hora de relacionarse, mentres que os adultos se expresan en éuscaro con maior frecuencia cando se dirixen aos nenos e moito menos cando manteñen unha conversa con outro adulto. Os datos recóllense no estudio realizado por Soziolinguistika Klusterra, unha medición do uso do éuscaro a nivel de rúa.
Fonte: Diario Vasco
O inglés é a lingua máis solicitada por estudantes e empresas en España
A lingua que máis se solicita no mercado laboral é o inglés. Concretamente, pídese en máis do 85 % das ofertas que requiren o coñecemento de linguas estranxeiras, chegando case ao 90 % das ofertas para titulados superiores.
Fonte: El Economista
O Concello de Santurtzi impulsa o estudo do éuscaro
O Concello de Santurtzi aposta polo éuscaro e iso viuse reflectido na matriculación do euskaltegi municipal, que este ano pechou cun incremento de novos estudantes; un aumento que foi posible grazas ás medidas adoptadas pola institución local para adaptar os cursos de aprendizaxe ás necesidades actuais dos veciños: cursos máis curtos e facilidades de pagamento.
Fonte: Deia
Imparten cursos gratuítos de lingua rusa en Mallorca debido á gran demanda do sector turístico
A moda do ruso segue en expansión. E agora é a asociación cultural Libuya a que abre as súas portas a todos os que queiran aprender o idioma que tanto demandan as empresas de servizos e o sector turístico.
Fonte: Diario de Mallorca
Un total de 107 centros aragoneses potenciará a aprendizaxe de linguas estranxeiras
Trátase na súa maioría de colexios e institutos non bilingües que fomentarán o ensino de idiomas mediante actividades curriculares, complementarias e/ou extraescolares. Educación puxo en marcha por primeira vez este programa de potenciación dirixido aos centros que non queren impartir materias completas noutra lingua.
Fonte: Ejera Digital
Donostia acolle dous espectáculos que buscan socializar a creación en éuscaro
As casas de cultura de Intxaurrondo e Egia, en San Sebastián, estrearán dous espectáculos froito da colaboración entre axentes culturais de Euskadi e Iparralde, implicados en proxectos para difundir e socializar a creación en éuscaro.
Fonte: Diario Vasco
Boletín
Subscríbase ao boletín