España

O número de persoas que fala catalán supera por primeira vez os 10 millóns

O número de persoas que fala catalán supera por primeira vez os 10 millóns, o que supón un 72,4 % da poboación da comunidade lingüística, segundo o VI informe sobre a situación da lingua catalá, con datos de 2012.

Fonte: Diario de Mallorca

Cataluña

Un novo libro recolle máis de 2000 topónimos de Vitoria en éuscaro

Este último capítulo dun laborioso e complexo traballo, no que se recollen en éuscaro un total de 2063 topónimos despois de analizar un corpus total de máis de 400 000 rexistros pertencentes aos últimos seis séculos, preséntase en DVD para telo todo dispoñible a golpe de clic.

Fonte: El Correo

País Vasco

Decenas de persoas claman pola lingua aragonesa

Varias decenas de persoas reuníronse en Fraga en defensa da identidade, a lingua e a historia de Aragón. Representantes de 34 asociacións e partidos políticos, encabezadas polo Rolde Choben e o Partido Aragonés, participaron destas reivindicacións aragonesistas en defensa dunha historia de Aragón “sen manipulacións nin terxiversación, así como na defensa da lingua aragonesa e da propia identidade”.

Fonte: El Periódico de Aragón

Aragón

Getxo celebra o Día do Éuscaro con máis de quince actividades

En total, levaranse a cabo 17 actividades que, nesta ocasión, teñen o obxectivo principal de achegar o éuscaro e a cultura vasca tanto ás persoas que o falan como ás que saben algo ou non o falan pero teñen interese pola lingua.

Fonte: Deia

País Vasco

Estréase o filme "O pequeno mago" en galego, castelán e éuscaro

A película O pequeno mago foi realizada por Deboura Cultural e dirixida por Roque Cameselle. O filme está baseado na novela xuvenil Bieito Dubidoso, escrita por Cameselle e editada por Xerais.

Fonte: Culturagalega.org

Xeral

A Xunta pola Lingua critica que o Goberno asturiano non use a toponimia oficial na súa web e nos seus documentos

A Xunta pola Defensa da Lingua Asturiana (XDLA) denunciou que a Administración autonómica segue sen usar en moitos casos nos seus documentos oficiais así como na súa páxina web os topónimos tradicionais oficializados.

Fonte: Te Interesa

Asturias

O Parlamento vasco pide que o servizo de saúde Osakidetza priorice o coñecemento do éuscaro nas contratacións

O Parlamento vasco pronunciouse a favor de que Osakidetza (Servizo Vasco de Saúde) priorice o coñecemento do éuscaro nas contratacións de eventuais e solicite criterios lingüísticos ás empresas provedoras.

Fonte: Redacción Médica

País Vasco

Un millar de entidades forman o sector das industrias da lingua en Euskadi

O sector das industrias da lingua en Euskadi forma un conglomerado dun millar de entidades –entre empresas e autónomos- que empregan a 5000 profesionais e que facturou o ano pasado 276 millóns de euros, case un 1 % do PIB.

Fonte: Deia

País Vasco

O Concello de Eivisa aumenta os obradoiros de lingua catalá debido ao incremento de inscricións

O Concello de Eivisa, a través do departamento de Normalización Lingüística, viuse obrigado a aumentar a oferta dos obradoiros de Lingua Catalá para Primaria do curso 2013/2014 debido ao incremento no número de inscricións este ano.

Fonte: Nou Diari

Illas Baleares

Comezan as I Xornadas de Dinamización: metodoloxías, experiencias e adaptación a novos escenarios

A presidenta do Consorcio pola Normalización Lingüística e directora xeral de Política Lingüística inaugurou as I Xornadas de Dinamización: metodoloxías, experiencias e adaptación a novos escenarios.

Fonte: Generalitat de Catalunya

Cataluña

Boletín

Subscríbase ao boletín

Logo Feder