España
A Consellería estremeña de Educación anuncia un novo portal para a aprendizaxe do portugués
O secretario xeral de Educación, César Díez Solís, anunciou a posta en marcha dun novo portal para a aprendizaxe do portugués, denominado ‘Rincón didáctico de Portugués’, que será elo “embrión” dun banco de recursos dispoñibles na rede.
Fonte: Digital de Extremadura
A Real Academia da Lingua Vasca creará un servizo de corrección lingüística en éuscaro
Entre os obxectivos propostos pola Real Academia da Lingua Vasca para os próximos tres anos destaca a creación dun servizo de corrección lingüística para os cidadáns.
Fonte: Deia
Os municipios euscaldúns de Navarra reclaman o seu dereito a ser atendidos en éuscaro
Os catorce concellos navarros agrupados na Mancomunidade de Municipios Euscaldúns levaron ao Parlamento a súa vella reivindicación de ser atendidos pola Administración foral nas dúas linguas oficiais das súas vilas.
Fonte: Noticias de Navarra
O Senado rexeita unha moción para aumentar o uso do éuscaro na Xustiza
O Senado rexeitou unha moción que tiña como finalidade instar o Goberno a que aumente o uso do éuscaro nas administracións de Xustiza do Estado e do País Vasco.
Fonte: Noticias Terra
O número de internautas euscaldúns duplicouse na última década
Segundo o Goberno vasco, na última década logrouse “duplicar” o número de internautas euscaldúns. Pero a expansión do éuscaro tamén se incrementou notablemente na produción de contidos na rede, en software e, nos últimos tempos, en aplicacións para os móbiles.
Fonte: Noticias de Navarra
O Voluntariado pola Lingua impulsa máis de 80 000 parellas lingüísticas nunha década
O Voluntariado pola Lingua (VxL) chega aos 10 anos tendo acadado as 80 000 parellas lingüísticas. O programa está presente en 182 localidades e expandiuse territorialmente a Baleares, Comunidade Valenciana, Andorra e Cataluña do Norte. En Cataluña, iniciou unha expansión sectorial en ámbitos como a empresa, a Administración de Xustiza, a sanidade ou o deporte.
Fonte: Generalitat de Cataluña
A Televisión do Principado é a única canle europea dunha comunidade bilingüe que non ten programación infantil en lingua propia
A Xunta pola Defensa da Lingua Asturiana (XDLA) presentou o “Informe sobre a necesidade dunha programación en asturiano na TPA”. O informe sinala que sen a transmisión xeracional non haberá ningunha posibilidade de que o idioma siga vivo na Asturias do futuro, polo que indica que hai que ofrecerlles ás novas xeracións contidos televisivos no idioma propio e Televisión do Principado de Asturias (TPA) non está cumprindo con este cometido ao que obrigan os seus estatutos.
Fonte: Fórmula TV
Un xulgado de Barcelona denega a un avogado o dereito de utilizar o catalán
O xulgado social de Barcelona número 11 denegou a petición do avogado Miguel Prats de utilizar o catalán nun procedemento xudicial, acolléndose á lei que permite elixir o idioma en que este se tramita.
Fonte: Vila Web
Máis de 20 000 persoas aprenderon lingua de signos nos últimos catro anos
Máis de 20 000 persoas aprenderon lingua de signos nos últimos catro anos grazas aos cursos que ofrece o movemento asociativo de persoas xordas da Confederación Estatal de Persoas Xordas. Só no último curso escolar (2012-2013), ofertáronse máis de 340 cursos e formouse a un 28,7 % máis de alumnos que no ano anterior.
Fonte: Diario Siglo XXI
Máis dun centenar de actividades conmemorarán o Día do Éuscaro en Donostia
O programa inclúe concertos, charlas, obras de teatro, proxeccións de cine e mintzodromos, entre outras iniciativas, entre as que destacan as actividades organizadas nas rúas da Parte Vella e no Teatro Principal.
Fonte: Noticias de Gipuzkoa
Boletín
Subscríbase ao boletín