España

O Supremo ratifica que o castelán pode ser lingua vehicular en Cataluña

O Tribunal Supremo volveu avalar o uso do castelán como lingua vehicular na educación en Cataluña. Neste caso, débese ao recurso dos pais dunha nena de educación infantil que estudaba nun colexio concertado e para a que os seus proxenitores reclamaron o uso da súa “lingua habitual”.

Fonte: El País

Cataluña

Diversas organizacións asinan un manifesto para protexer o catalán na Comunidade Valenciana

Os grupos da oposición valenciana asinaron un documento xunto a partidos independentistas e asociacións catalanistas para defender o uso da lingua catalá na Comunidade Valenciana na relación coas institucións e cos comercios privados.

Fonte: Las Provincias

Comunidade Valenciana

A produción cultural en éuscaro é un sector de futuro na economía vasca

A conselleira de Desenvolvemento Económico e Competitividade do Goberno vasco, Arantza Tapia, remarcou a importancia da produción cultural en éuscaro na economía vasca e asegurou que é “un sector de futuro", sobre todo para a xuventude.

Fonte: EITB

País Vasco

O Servizo Vasco de Saúde potenciará o éuscaro nos servizos con nenos e persoas maiores

A euscaldunización non pode abranguer todo o circuíto sanitario de golpe, polo que haberá áreas prioritarias, en concreto a atención primaria e os hospitais. Pero, sobre todo, o plan centrarase nos menores e nas persoas maiores, que serán os principias obxectivos.

Fonte: Deia

País Vasco

O Goberno balear publica unha recompilación das modalidades lingüísticas das illas

A edición deste libro, elaborado polos servizos técnicos do Instituto de Estudos Baleáricos, ten como obxectivo ofrecerlles aos cidadáns e aos diferentes organismos das illas Baleares, unha ferramenta que lles permita consultar facilmente as peculiaridades da fala de cada unha das illas que contan co visto e prace da normativa.

Fonte: Mallorca Confidencial

Illas Baleares

Máis de 177 comercios adheríronse á campaña “E ti, xogas en catalán?”

Máis de 177 establecementos comerciais adheríronse á campaña “E ti, xogas en catalán?”, impulsada polo Consorcio para a Normalización Lingüística, adscrito ao Departamentos de Cultura da Generalitat de Cataluña, aínda que o número definitivo de comercios participantes non se coñecerá ata finais de decembro. O obxectivo da campaña é dar a coñecer e facilitar a oferta de xogos en catalán e fomentar o seu uso entre os cidadáns.

Fonte: Generalitat de Cataluña

Cataluña

Cantabria instaura probas obrigatorias de lingua estranxeira ao final de Primaria e Secundaria

A nova proba que porá en marcha a Consellería de Educación, para acreditar o nivel de idiomas dos estudantes de Primaria e Secundaria ao finalizar cada unha destas etapas, busca aumentar a “destreza” dos alumnos ao “escoitar, falar, ler e escribir” noutra lingua.

Fonte: El Diario Montañés

Cantabria

Censuran as carencias dos estudos de Enxeñería en éuscaro

Sen libros de texto en éuscaro ou con penosas traducións, manuais elaborados ata polos alumnos e con materias que non se poden impartir por falta de profesores euscaldúns. Desta forma describe o Consello de Estudantes da Escola Técnica Superior de Enxeñería de Bilbao as carencias que atopan os alumnos que deciden cursar a carreira en lingua vasca.

Fonte: El Correo

País Vasco

Xorde ‘K', un espazo creativo e en éuscaro aberto á xuventude

A Deputación foral de Biscaia lanzou unha iniciativa, denominada “K”, que constitúe un espazo aberto e en éuscaro para que a xuventude exprese as súas inquedanzas e se converta no seu “altofalante”.

Fonte: El País

País Vasco

O éuscaro gaña espazo na rede, especialmente en Twitter

Durante un tempo, o éxito do proceso de revitalización do éuscaro representouse mediante os 200 000 falantes que gañou a lingua en apenas 20 anos. Agora, os logros do éuscaro están empezando a medirse tamén en función da capacidade que ten de ocupar posicións moi sinaladas en internet e nos seus derivados.

Fonte: Diario Vasco

País Vasco

Boletín

Subscríbase ao boletín

Logo Feder