España
Ábrese o período de presentación de solicitudes para formar parte do Censo de entidades de fomento do catalán 2014
Abriuse o prazo de solicitude para formar parte do Censo de entidades de fomento da lingua catalá 2014 que elabora o Departamento de Cultura. Para poder formar parte, as entidades han de ter nos seus estatutos a finalidade de fomento da lingua catalá ou ben desenvolver actividades para impulsar o seu uso.
Fonte: Generalitat de Cataluña
A Generalitat adapta o catalán ao Marco Europeo Común de Referencia das linguas
A Generalitat de Cataluña aprobou un decreto que completa a adaptación da proba de nivel superior de lingua catalá ao Marco Europeo Común de Referencia (MECR). O novo certificado garante deste modo que a proba cumpre os estándares internacionais de avaliación e certifica tamén a súa validez, a súa fiabilidade e a xustiza dos resultados obtidos.
Fonte: Noticias Terra
Castellón e Romanía colaboran para ofrecer cursos de cultura e lingua romanesas nas escolas da cidade
O alcalde de Castellón, Alfonso Bataller, asinou un convenio co xefe do Consulado de Romanía na cidade, Radu Catalin Mardare, polo que se autoriza o uso de aulas en centros educativos da cidade para a realización dun curso de lingua, cultura e civilización romanesas durante o presente curso escolar.
Fonte: La Plana al Día
O Concello de Pamplona subvenciona dez entidades para a realización de actividades culturais en éuscaro
O Concello de Pamplona subvencionou en 2013 a dez entidades culturais e artísticas da cidade para a realización e programación de actividades culturais e artísticas en éuscaro. En total, concedéronse os 29 125 euros cos que estaba dotaba a convocatoria.
Fonte: Gente en Pamplona
Cataluña, País Vasco e Baleares dobran a Valencia en ensino na lingua propia
A escolarización en liñas de valenciano non chega a un terzo do alumnado, pois apenas o 30,4 % dos estudantes de ensino de réxime xeral da Comunidade Valenciana estuda en programas onde a lingua vehicular é o idioma propio. Así consta no anuario «As cifras da educación en España. Curso 2011/2012» que acaba de publicar o Ministerio de Educación.
Fonte: Levante-emv
Esíxenlle ao Goberno asturiano que faga cumprir as resolucións do Consello Escolar do Principado sobre a lingua
O sindicato SUATEA esixiulle á Administración asturiana que faga cumprir as resolucións do Consello Escolar do Principado, segundo o acordado na sesión de decembro de 2013, concretamente as catro referentes á lingua asturiana, claves nun novo contexto como é a LOMCE, e que buscan a inclusión da materia de Lingua e Literatura Asturiana dentro do currículo de ensino non universitario.
Fonte: Asturnews
O programa ‘Ikusi eta ikasi’ promoverá o uso do éuscaro entre os rapaces bilbaínos
A X edición do programa ‘Ikusi eta Ikasi’, que ten como obxectivo promover o uso do éuscaro entre os nenos bilbaínos, desenvolverase en centros municipais, colexios e salóns de toda a vila, con más de 40 actos destinados a menores de entre 2 e 8 anos.
Fonte: El Diario
O Goberno balear estuda eliminar a obriga de rotular os comercios en catalán
O Goberno balear dixo que ten sobre a mesa a posibilidade de eliminar a obriga a establecementos de rotular en catalán, aínda que se trata dunha materia que aínda non está pechada.
Fonte: Menorca.info
Estudantes participan nun programa do Concello de Barakaldo para a promoción do éuscaro a través do teatro
O Concello de Barakaldo puxo en marcha o programa Antzerkhizkuntza, que vai dirixido aos alumnos de 2º de Educación Secundaria Obrigatoria (ESO) –é dicir, a rapaces entre 13 e 14 anos- e mestura a promoción da lingua vasca co teatro.
Fonte: Europa Press
O Ministerio de Educación convoca máis de 15 000 bolsas para cursos de inmersión en lingua inglesa
O Ministerio de Educación convocou un total de 15 00 axudas para participar en cursos de inmersión en lingua inglesa organizados pola Universidade Internacional Menéndez Pelayo. Destas, un total de 1005 axudas destínanse a titulados en Máster en Profesorado de Ensino Secundaria Obrigatoria e Bacharelato, Formación Profesional e Ensino de Idiomas e a Mestres, e 14 000 axudas para que os mozos menores de 30 anos poidan realizar un curso de similares características.
Fonte: Aprendemas
Boletín
Subscríbase ao boletín