España
Nace unha asociación que reivindica o recoñecemento oficial do menorquino
Protexer, preservar e dignificar as modalidades insulares da lingua e lograr o seu recoñecemento oficial. Este é o obxectivo principal da recentemente fundada asociación Foment Cultural de ses Illes Balears (Fomento Cultural das Illas Baleares).
Fonte: Menorca.info
O Goberno central rexeita a petición vasca para usar o éuscaro na tarxeta sanitaria
O Goberno central desestimou o requirimento do Goberno vasco contra a regulación da tarxeta individual sanitaria, dado que a nova normativa non lles permite ás comunidades incorporar datos propios que permitan cumprir, no caso de Euskadi, coa Lei vasca de normalización do uso do éuscaro.
Fonte: Diario Vasco
A asociación Softastur anuncia que haberá unha versión de Android en asturiano
Softastur, asociación sen ánimo de lucro que traballa polo software libre, acaba de anunciar que haberá unha versión do popular sistema operativo móbil Android en lingua asturiana.
Fonte: Infoasturies
Castela-A Mancha sacará un decreto de bilingüismo para outorgar o título de ensino de inglés a 2000 profesores
O conselleiro de Educación, Marcial Marín, avanzou que o goberno rexional ten listo un decreto de bilingüismo que aprobará o Consello de Goberno co que o Executivo vai dar facilidades para outorgar o título de ensino de inglés a 2000 profesores.
Fonte: La Tribuna de Ciudad Real
Presentan unha instancia para que se cumpra a ordenanza do éuscaro na web do Concello de Pamplona
O partido EH Bildu presentou unha instancia no rexistro municipal para esixir xuridicamente “o cumprimento da ordenanza do éuscaro en todas as publicacións da páxina web” do Concello de Pamplona.
Fonte: Noticias de Navarra
Ondarroa potenciará o uso do éuscaro nas relacións con outros concellos
O Consistorio de Ondarroa potenciará o uso do éuscaro na Administración local, así como nas relacións que mantén con outros concellos, segundo recolle o quinto plan de normalización da lingua vasca aprobado pola Corporación.
Fonte: El Correo
Destinan 800 000 euros para promover o uso do éuscaro en ámbitos non formais
O Departamento vasco de Educación, Política Lingüística e Cultura destinará 814 200 euros á realización de proxectos destinados a promover e consolidar o uso do éuscaro en ámbitos non formais, en especial os que se desenvolvan no tempo libre.
Fonte: Deia
Antes do Tratamento Integrado de Linguas, sete de cada dez alumnos en Baleares recibían todas as materias en catalán
Antes de que comezara a aplicarse este proxecto trilingüista, sete de cada dez alumnos (69,5 %) recibían todo o ensino en catalán, menos a materia de lingua castelá, mentres que un 29 % asistía a centros cun ensino bilingüe respecto ás dúas linguas oficiais. Case un 1 % do alumnado, pola súa parte, asistía a todas as clases en castelán, con excepción da área de lingua catalá.
Fonte: Diario de Mallorca
As matrículas en idiomas modernos continúan descendendo na Universidade de Granada
Os novos datos sobre alumnos que deciden estudar outro idioma son malos na Universidade de Granada. «En linguas estranxeiras, o contexto económico seguiu afectando a esta área», recoñecen na institución universitaria. E a noticia non é nova. É o terceiro ano consecutivo que baixou a cifra de estudantes e de matrículas en cursos de linguas modernas.
Fonte: Ideal
O Concello de Ortuella potenciará o uso do éuscaro na vida municipal
O Concello de Ortuella contará durante os próximos catro anos cun novo Plan local de éuscaro, o que permitirá garantir a súa utilización na vida cotiá da institución.
Fonte: Deia
Boletín
Subscríbase ao boletín