España
Dúas estudantes bercianas suman case 3500 visitas nun vídeo en defensa do galego
Dúas estudantes do Bierzo (León) reivindican nun vídeo o uso do galego, nunha gravación que está a piques de lograr ás 3500 visitas. Leva unha morea de comentarios nas que galegos e non galegos espallados por diferentes partes do mundo lles mandan saúdos na nosa lingua.
Fonte: La Voz de Galicia
Asturias promoverá o ensino da lingua chinesa
O Consello de Goberno autorizou a formalización dun convenio de colaboración entre a Consellería de Educación, Cultura e Deporte e a Oficina Nacional de Promoción Internacional da Lingua Chinesa, Hanban, para promover o ensino da lingua chinesa nas escolas oficiais de idiomas de Asturias.
Fonte: La Nueva España
O Concello de Pamplona convoca subvencións para actividades culturais e artísticas en éuscaro
O Concello de Pamplona convocou as subvencións a entidades culturais e artísticas para a realización e programación de actividades culturais e artísticas en éuscaro ao longo do ano 2013.
Fonte: Noticias de Navarra
A asociación Jardun organiza unha feira de intercambio de libros en éuscaro en Bergara
Co obxectivo último de facilitar o acceso económico ao libro usado e potenciar a lectura en éuscaro, Jardun desenvolverá, na carpa da praza Munibe de Bergara, unha feira de intercambio de títulos en éuscaro.
Fonte: Diario Vasco
O éuscaro achégase aos estudantes estranxeiros
Os responsables do Instituto Etxepare e Mintzanet asinaron un acordo grazas ao que porán en contacto a creadores vascos con estudantes estranxeiros da cultura vasca, sacando o éuscaro ao mundo. Deste modo, os creadores vascos, escritores, escultores ou músicos entre outros poderán dar a coñecer o seu labor aos estudantes estranxeiros.
Fonte: Diario Vasco
A Wikipedia en catalán recibe cada vez máis consultas
O catalán ocupa a 15 posición en número de artigos na Wikipedia. A edición en catalán da enciclopedia conseguiu o recoñecemento de Wikipedia perfecta, grazas ao feito de que recolle mil artigos con contido de notable calidade.
Fonte: Generalitat de Cataluña
O Observatorio da Lingua Catalá presenta o VI Informe sobre a situación do catalán
Encargado por Òmnium Cultural e a Plataforma pola Lingua, o documento elaborado pola Xarxa Cruscat do Instituto de Estudos Cataláns analiza a evolución da situación sociolingüística e o marco xurídico do catalán durante o ano 2012.
Fonte: Xarxa Cruscat
Melilla rexeita a cooficialidade do tamazight que reclamaba Esquerra Republicana de Catalunya
O Instituto das Culturas rexeitou a proposta de Esquerra Republicana de Catalunya de declarar a cooficialidade do tamazight, lingua milenaria bérber que fala unha gran parte da poboación musulmá da cidade. O instituto explica que é “imposible” desde o punto de vista xurídico e práctico, que consiga ser unha lingua cooficial en Melilla.
Fonte: El Faro Digital
Técnicos de fútbol de Getxo usarán un novo software para preparar os seus adestramentos en éuscaro
O proxecto é innovador porque é o primeiro que unifica dous conceptos: adestramentos de calidade e en éuscaro. Kimet Planning é un software informático para a preparación minuciosa dos adestramentos de fútbol, que o Concello de Getxo decidiu aplicar para fomentar o éuscaro no campo deportivo.
Fonte: Deia
Reclaman a asturianización da televisión pública do Principado de Asturias coa nova reforma
A Xunta pola Defensa da Lingua Asturiana quere que a nova lei sobre Radio e Televisión do Principado de Asturias faga posible a súa asturianización e, desta forma, asegurar o seu futuro. A organización solicita que se defenda o papel do medio no proceso de normalización lingüística.
Fonte: Asturnews
Boletín
Subscríbase ao boletín