España
Organizan en Reus unha campaña para promover o uso do catalán no comercio
O Centro comercial El Pallol, de Reus, acollerá a xincana “Joc de llengües” (Xogo de linguas), unha actividade lúdica co obxectivo de promover o uso da lingua catalá como ferramenta de relación no ámbito do comercio.
Fonte: Generalitat de Catalunya
A asociación cultural Faceira dá a coñecer o seu certame literario en lingua leonesa
A asociación cultural Faceira e a Concellería de Cultura do Concello de Astorga convocaron o I Certame Literario Astúrica no que pode participar calquera cidadán da Unión Europea que o desexe cun único traballo por modalidade (relato ou poesía) escritos en leonés.
Fonte: Diario de León
Cataluña requirirá o coñecemento da lingua e a cultura catalás para obter o certificado de arraigamento
Cataluña consolidará o sistema propio de certificados de primeira acollida para inmigrantes que solicitan o arraigamento, unha distinción que require o coñecemento da lingua e a cultura catalás para a súa obtención.
Fonte: La Vanguardia
A Cátedra de Lingua e Cultura Vasca da Universidade de Navarra celebra o seu 50 aniversario
A directora da Cátedra, María del Mar Larraza, explicou que, con ocasión deste aniversario, a Cátedra ”actualiza o seu obxectivo principal de promover a difusión do éuscaro e da cultura vasca no espazo universitario”, segundo informou nunha nota a Universidade de Navarra.
Fonte: Noticias de Navarra
O Consello da Avogacía Catalá solicita que o catalán sexa un requisito para o persoal de Xustiza en Cataluña
O Consello da Avogacía Catalá, que representa os catorce Colexios de Avogados de Cataluña, explicou que se dirixirá a todos os partidos políticos cataláns para pedirlles que impulsen unha modificación da Lei orgánica do poder xudicial, para que o coñecemento do catalán sexa considerado un ‘requisito', e non só un ‘mérito', para exercer na Administración de Xustiza de Cataluña.
Fonte: Diario Jurídico
Os universitarios cataláns deberán aprobar un exame común de inglés para graduarse
Os universitarios cataláns que empezaran a súa carreira no curso 2013-14 deberán aprobar un exame de inglés -ou unha terceira lingua estranxeira- para obter o título ao finalizar o grao, segundo o artigo 181 da coñecida Lei de acompañamento dos orzamentos, que será aprobada polo Goberno de Cataluña.
Fonte: El Mundo
O Goberno vasco nega que trata de impoñer unha política lingüística “excluínte” no Servizo Vasco de Saúde
O lehendakari, Iñigo Urkullu, rexeitou que o seu Goberno pretenda impor unha política lingüística “excluínte” nin “ao servizo do nacionalismo” no Servizo Vasco de Saúde–Osakidetza, dado que o único que ten previsto facer é “preguntarlles” aos cidadáns se desexan ser atendidos en éuscaro ou castelán para poder ofrecerlles o servizo na lingua que prefiran.
Fonte: Europa Press
As mellores curtas europeas de cine en lingua de signos chegan a Guipúscoa
Gainditzen, a Asociación de Persoas Xordas de Tolosaldea e Goierri, presentou a cuarta edición do Festival Internacional de Cine en Lingua de Signos.
Fonte: Diario Vasco
A lingua de rotulación dos coches da Policía Foral decídese por “criterios xeográficos”
O conselleiro de Presidencia, Xustiza e Interior do Goberno de Navarra, Javier Morrás, asegurou que o idioma da rotulación dos coches da Policía Foral se decide por “criterios xeográficos” e afirmou que o seu departamento “non deu instrución ningunha de substituír as rotulacións en bilingüe por só en castelán”.
Fonte: La Información
A Academia Valenciana da Lingua reclama unha televisión e unha radio “propias” nas que se fale valenciano
A Academia Valenciana da Lingua esixiulle ao Goberno autonómico que adopte de maneira “urxente” as “medidas oportunas” para garantir que os cidadáns desta comunidade teñan un medio de comunicación público no que se fale valenciano.
Fonte: La Información
Boletín
Subscríbase ao boletín