España

Un grupo trata de reunir voces para cantar en éuscaro

Un grupo de eibarreses trata de formar un grupo amplo de voces para cantar cancións en éuscaro. En principio, non existía en Eibar grupo ningún específico dedicado a cantar cancións en éuscaro e agora baixo o nome Eibar Kantu Zaleak trátase de reunir os amantes dos temas musicais vascos, de cara á formación deste primeiro grupo.

Fonte: Diario Vasco

País Vasco

Denuncian non poder aplicar o decreto de trilingüismo como corresponde en Baleares por falta de recursos

Practicamente todos os colexios terán que impartir unha terceira parte das materias en inglés cos seus propios recursos, xa que practicamente ningún deles recibiu da Consellería de Educación interinos cun perfil específico para dar clases de inglés.

Fonte: Diario de Ibiza

Illas Baleares

Unha nova aplicación permite conxugar os verbos en éuscaro no móbil

A aceleradora de proxectos tecnolóxicos e desenvolvementos web Ideateca acaba de pór en marchar unha aplicación para dispositivos móbiles que permite conxugar os verbos en éuscaro. A aplicación gratuíta –denominada Aditzak.com- está desenvolvida en colaboración co filólogo vitoriano Garikoitz Knörr e complementa o uso da ferramenta por internet Aditzak.com.

Fonte: Basque Research

País Vasco

A edición de libros en catalán descende un 3,7 % entre 2007 e 2011

O presidente da Asociación de Editores en Lingua Catalá, Jordi Ferré, aseverou que entre os anos 2007 e 2011 se editaron un 3,7 por cento menos de libros en catalán, mentres que no mesmo período houbo un incremento en castelán do 18,6 por cento, de 55 a 65 000 títulos.

Fonte: La Vanguardia

Cataluña

A oferta das escolas oficiais de idiomas de Navarra increméntase nun 11 % para o curso 2013-2014

As escolas oficiais de idiomas de Navarra incrementaron nun 11,3 % a súa oferta formativa para o curso 2013-2014. Por un lado, consolidouse a oferta presencial nos centros de Pamplona e de Tudela e, por outro, fomentáronse outras modalidades impartidas pola escola oficial a distancia.

Fonte: Noticias de Navarra

Navarra

Unha familia pídelle axuda ao ministro de Educación para que os seus fillos non se examinen de éuscaro

Unha familia de orixe colombiana afincada desde hai case unha década en Euskadi busca desde hai semanas unha solución para que os seus tres fillos, de 19, 17 e 16 anos, poidan avanzar nos seus estudos pese a non dominar o éuscaro, despois de que os tres esgotaran os catro cursos de exención que lles permite a normativa vasca. A súa situación, unha vez esgotados os recursos ante a Administración autonómica, levoulles a pedir axuda por carta ao ministro de Educación, para tratar de atopar unha solución a poucos días do comezo do curso.

Fonte: El País

País Vasco

Regresan as clases de éuscaro da asociación Banaiz Bagara

As clases para aprender a falar en éuscaro son gratuítas e permítenlles ás persoas que participan coñecer formas e estruturas sinxelas que lles serven de axuda en situacións da vida cotiá (reunións con amigos, na rúa, no traballo...). Igualmente están pensadas para axudar a pais e nais non vascoparlantes a coñecer o idioma en que estudan os seus fillos.

Fonte: Diario Vasco

País Vasco

O Servizo de Idiomas da Universidade Autónoma de Madrid engade o portugués á súa oferta

Como novidade deste ano, o servizo de idiomas da Universidade Autónoma de Madrid (UAM) inclúe na súa oferta lingüística formativa cursos de portugués de nivel A1 e A2.

Fonte: Aprende Más

Madrid

O Tribunal Superior de Xustiza de Baleares suspende a aplicación do Decreto de Tratamento Integrado de Linguas

O Tribunal Superior de Xustiza de Baleares (TSJB) suspendeu de forma cautelar a aplicación do Decreto de Tratamento Integrado de Linguas (TIL) aprobado polo Goberno balear, despois de que así o solicitasen dous dos sindicatos que recorreron a nova normativa.

Fonte: Europa Press

Illas Baleares

A canle de televisión vasca ETB aposta polo éuscaro na súa nova temporada

A nova temporada de ETB aposta pola continuidade dos seus programas máis populares na canle en castelán, mentres que na canle en éuscaro haberá un cambio con dez horas de programación propia diaria e a estrea de varios espazos.

Fonte: El Mundo

País Vasco

Boletín

Subscríbase ao boletín

Logo Feder