España

O Concello de Sevilla adapta o teléfono de información municipal á lingua de signos

Coa implantación deste proxecto preténdese que os cidadáns que teñan algunha discapacidade auditiva poidan acceder á información proporcionada polo teléfono 010 de atención do Concello e as empresas municipais da mesma forma que o resto da poboación.

Fonte: Diario de Sevilla

Andalucía

A Generalitat de Cataluña asina cinco acordos para que o catalán sexa lingua vehicular na Xustiza

O conselleiro de Xustiza da Generalitat de Cataluña, Germà Gordó, e o de Cultura, Ferran Mascarell, asinaron ata cinco acordos marco cos principais colexios profesionais do mundo do dereito para fomentar que o catalán sexa a lingua vehicular da Administración de Xustiza.

Fonte: El Mundo

Cataluña

A canle de televisión EITB potenciará programas en éuscaro

O consello de administración de EITB aprobou as liñas xerais da programación para a próxima tempada, na que se potenciará a oferta en éuscaro, e a posta en marcha da canle ETBHD de alta definición a partir de outubro.

Fonte: El País

País Vasco

O Departamento catalán de Cultura destina 60 000 euros a proxectos universitarios que fomenten o catalán

O Departamento de Cultura, a través da Dirección Xeral de Política Lingüística, dedica 60 000 euros a proxectos universitarios de fomento da lingua catalá, concretamente a proxectos de autoaprendizaxe da lingua catalá dirixidos ao profesorado, ao persoal da administración e o servizos e aos estudantes, no marco de Interlingua 2013, promovido pola Axencia de Xestión de Axudas e de Investigación.

Fonte: Generalitat de Cataluña

Cataluña

O Concello de Logroño asina un convenio para manter o servizo de intérpretes de lingua de signos

A alcaldesa de Logroño, Concepción Gamarra, ratificou un convenio de colaboración co presidente da Asociación de Persoas Xordas da Rioxa, Óscar Rodríguez, o que permitirá, cunha axuda municipal de 36 000 euros, dar continuidade ao servizo de intérpretes de lingua de signos.

Fonte: ABC

A Rioxa

O Concello de Palma só lle esixirá o catalán a un de cada cinco funcionarios

O Concello de Palma esixirá o requisito do catalán só a un de cada cinco funcionarios municipais, aínda que se manterá o requisito de coñecer a lingua propia a todos os postos que teñan relación co cidadáns.

Fonte: Diario de Mallorca

Illas Baleares

Un grupo de académicos crea un manifesto de apoio ao español como lingua internacional e científica

Académicos de diversas institucións vinculadas ao idioma español avalaron un manifesto de apoio como lingua internacional e científica presentado con motivo do encontro «O español, lingua internacional e do coñecemento» que se desenvolve no marco dos Cursos de Verán da Universidade Internacional Menéndez Pelayo.

Fonte: ABC

Xeral

Os alumnos xordos de autoescolas poderán recibir clases en lingua de signos

Os alumnos xordos matriculados nas autoescolas poderán recibir as clases en lingua de signos para aprender a conducir, tras o convenio que asinaron a Confederación Estatal de Persoas Xordas (CNSE) e a Confederación Nacional de Autoescolas (CNAE).

Fonte: Diariosur

Xeral

Case a metade das escolas de Aragón impartirá dúas linguas estranxeiras en Primaria

O Goberno de Aragón autoriza a 11 novos centros a impartir un segundo idioma (francés na maioría dos casos) a partir de 5º o próximo curso. En total son 164 escolas.

Fonte: Heraldo

Aragón

O coñecemento do éuscaro crece, pero estáncase o seu uso

Un estudo realizado polo Gabinete de Prospección Sociolóxica do Goberno vasco reflicte que aínda que a aprendizaxe do éuscaro crece, o castelán segue a ser a lingua predominante. Segundo os datos recollidos, prodúcese un empate técnico entre quen sabe éuscaro e quen o descoñece absolutamente, un 37 % en ambos os casos.

Fonte: El Diario

País Vasco

Boletín

Subscríbase ao boletín

Logo Feder