España

O Goberno vasco recoñece "grandes carencias" no uso do éuscaro nas administracións

O viceconselleiro de Política Lingüística do Goberno vasco, Patxi Baztarrika, recoñeceu que seguen existindo "grandes carencias" no uso do éuscaro no ámbito laboral das administracións públicas de Euskadi, nas que os traballadores que poden desempeñar as súas funcións íntegra ou parcialmente en éuscaro representan arredor do 59 %.

Fonte: El Correo

País Vasco

Un total de 51 autores de Menorca participa nun poemario colectivo en defensa da lingua

Cun poemario colectivo «en defensa da lingua» e coa participación desinteresada de 51 autores de Menorca. Así inaugura a editorial menorquina Arrela a súa colección de poesía Anvers.

Fonte: Última Hora

Illas Baleares

O dominio dunha segunda lingua xa é necesario para traballar en España

Posuír un título universitario xa non é suficiente para encontrar traballo non só fóra de España, senón tamén dentro, xa que é necesario ademais o coñecemento de, polo menos, un idioma e demostralo, segundo asegurou o director do Instituto de Linguas Modernas da UEx, Jose Antonio Hoyas.

Fonte: ABC

Xeral

A UXT de Cataluña e a Dirección Xeral de Política Lingüística traballan conxuntamente para fomentar o catalán no ámbito laboral

O obxectivo é establecer o marco de actuación máis adecuado para levar a cabo accións de promoción do emprego da lingua catalá, de acordo co Plan de fomento de uso do catalán no sector laboral.

Fonte: Generalitat de Catalunya

Cataluña

A Academia da Lingua Asturiana pídelle a Paradores de Turismo que empregue o topónimo Courias no de Cangas del Narcea

A Academia da Lingua Asturiana esixiulle á presidenta de Paradores de España, Ángeles Alarcó, que o novo parador que se abrirá en Cangas del Narcea leve o nome de Courias, como está aprobado oficialmente, e non o de Corias.

Fonte: La Información

Asturias

Desenvolven en Mallorca un plan para o fomento e a mellora do uso do catalán na residencia de maiores La Bonanova

O Consell informou que está a desenvolver o Plan de actuacións para o fomento e a mellora do uso da lingua catalá na residencia La Bonanova.

Fonte: 20minutos

Illas Baleares

A LudoteGa de Barcelona pecha por vacacións de verán cun encontro cheo de actividades en galego

O espazo de lecer para nenos de Barcelona "LudoteGa" pecha por vacacións de verán e faino cun encontro no Parc de la Ciutadella da capital catalá. Entre as actividades programadas para as nenas e nenos houbo maxia, cancións, contos, baile, xogos, etc. Todo co galego como denominador común.

Fonte: Praza Pública

A Academia Valenciana da Lingua admite que o valenciano é catalán

A Academia Valenciana da Lingua (AVL) admitiu que o valenciano é catalán e mostrouse en contra da proposta do PP para que as Cortes Valencianas proclamen que é unha lingua con orixes iberas.

Fonte: E-noticies

Comunidade Valenciana

Os inmigrantes necesitarán un nivel determinado de lingua catalá para regular a súa situación administrativa

O Departamento de Benestar e Familia da Generalitat de Cataluña publicou unha instrución que regula os criterios para a elaboración de informes de estranxeiría. Entre as novidades que recolle, se determina que o nivel de coñecemento do catalán necesario para a regulación da situación administrativa é o nivel A1 do Marco europeo de referencia para as linguas do Consello de Europa que permite conversar de forma sinxela e resolver as necesidades básicas da vida cotiá.

Fonte: Generalitat de Cataluña

Cataluña

Un centenar de alumnos participan nos cursos de lingua e cultura española da Universidade de Castela-A Mancha

Un total de 93 alumnos de distintas nacionalidades participarán na nova edición dos Cursos de Lingua e Cultura da Universidade de Castela-A Mancha (UCLM) no Campus de Cuenca.

Fonte: La Cerca

Castela-A Mancha

Boletín

Subscríbase ao boletín

Logo Feder