España

Os desempregados donostiarras terán cursos gratuítos de éuscaro

As persoas en paro que estean empadroadas en Donostia poderán realizar cursos gratuítos de éuscaro o próximo curso académico. O Servizo de Éuscaro do Concello concederá aos centros de ensino do éuscaro (euskaltegis) as subvencións necesarias para organizaren eses cursos.

Fonte: Noticias de Gipuzkoa

País Vasco

As escolas catalás deberán impartir materias en inglés en 2018

En cinco anos, todas as escolas e institutos públicos e concertados cataláns deberán impartir algunha materia ou parte de varias en inglés. Este é un dos puntos do plan polo plurilingüismo que a conselleira catalá de Educación, Irene Rigau, presentou e que se comezará a aplicar o próximo curso.

Fonte: El País

Cataluña

O Concello de San Sebastián eleva o número de postos con perfil en éuscaro

O goberno donostiarra aprobará o V Plan para a Normalización do Uso do Éuscaro no Concello, que eleva de 781 a 951 o número de postos que teñen asignado un perfil lingüístico preceptivo, aos que hai adscritos 46 traballadores que deberán acreditar ese nivel.

Fonte: Diario Vasco

País Vasco

O Parlamento catalán rexeita dúas proposicións de lei para que o castelán sexa lingua vehicular

O Parlamento catalán rexeitou dúas proposicións de lei que buscaban modificar a Lei de Educación de Cataluña (LEC) para que o castelán tamén sexa lingua vehicular nas escolas desta comunidade.

Fonte: Finanzas

Cataluña

O 63 % dos vascos ten coñecementos de éuscaro, tres puntos máis que en 2006

O Instituto Vasco de Estatística, Eustat, precisou que se inclúe entre este grupo de poboación tanto os 790 000 euscaldúns que entenden e falan ben a lingua como os 542 000 “cuasi-euscaldúns”, que teñen un nivel de comprensión bo ou regular pero recoñecen ter dificultades para falar.

Fonte: Noticias de Álava

País Vasco

O Centro de Terminoloxía de Cataluña presenta a colección completa de dicionarios terminolóxicos cartográficos

Impulsada polo Instituto Cartográfico de Cataluña, recolle máis de 10 000 termos en catalán, con equivalentes en castelán e inglés, en catro volumes dedicados á cartografía xeral, a fotogrametría, os sistemas de información xeográfica e a teledetección, que estiveron revisadas polo TERMCAT e editados pola Enciclopedia Catalá e o mencionado Instituto.

Fonte: Generalitat de Cataluña

Cataluña

O Goberno español adía o exame oral de lingua estranxeira na selectividade ata 2015

O Consello de Ministros adiou definitivamente a implantación da proba oral de idioma estranxeiro da selectividade ao curso 2015-2016. A proba de valoración da comprensión e expresión oral de lingua estranxeira estaba prevista para a proba de acceso á universidade no curso académico 2011-2012, segundo o Real Decreto do 14 de novembro de 2000.

Fonte: Educaweb

Xeral

Organizan un concurso de postais de verán en éuscaro para fomentar esta lingua

Verán, postais, escritura e éuscaro son os elementos que combina a iniciativa de Jardun para animar a escribir unhas liñas e facelo en éuscaro, idioma no que se centran os seus esforzos. Convocaron a segunda edición dun concurso de postais de verán en éuscaro.

Fonte: Diario Vasco

País Vasco

A Universidade das Palmas de Gran Canaria abre o primeiro centro de España para difundir a lingua coreana

O próximo curso 2013/2014, os estudantes universitarios poderán inscribirse no Instituto King Sejong, de Lingua e Cultura Coreana, inaugurando o seu primeiro curso académico. Concedido polo Goberno de Corea do Sur, o Instituto sentará as bases dun novo paso na apertura internacional da educación universitaria, que xa conta con outro convenio con China.

Fonte: La Provincia

Illas Canarias

A Deputación de Biscaia destina 355 000 euros a Euskaltzaindia para impulsar o éuscaro

A Deputación foral de Biscaia aprobou conceder unha axuda de 355 000 euros a Euskaltzaindia, para apoiar e colaborar na promoción das actividades relacionadas co impulso e difusión do éuscaro.

Fonte: El Mundo

País Vasco

Boletín

Subscríbase ao boletín

Logo Feder