España
O uso do catalán na comunicación das pemes chega ao 70 %, segundo un estudo de PIMEC e o Departamento de Cultura de Cataluña
A directora xeral de Política Lingüística, Ester Franquesa, e o secretario xeral de PIMEC, Antoni Cañete, fixeron públicos os resultados dun estudo realizado por PIMEC que sinala que o catalán é a lingua predominante nas pemes catalás, xa que o 70 % da comunicación nestas empresas se fai nesta lingua.
Fonte: Generalitat de Cataluña
Iniciativa polo Asturiano presenta a campaña “A empresa asturiana móvese”
Segundo explican desde Iniciativa, “a finalidade deste proxecto é dotar a lingua asturiana dun status, ademais dun uso útil e activo na sociedade asturiana, capaz de xerar beneficio económico e social a través da sinatura de convenios con empresas e negocios que busquen introducir o asturiano cuns criterios básicos de uso”.
Fonte: Infoasturies
Unha web ofrece en lingua de signos o temario para obter o carné de conducir
Unha web ofrece en lingua de signos o regulamento xeral de circulación para facilitarlles a obtención do permiso de conducir ás persoas xordas, como complemento ás ensinanzas que se imparten nas autoescolas.
Fonte: Las Provincias
A Deputación de Guipúscoa detecta un “retroceso” no uso do éuscaro en Kutxabank
A Deputación de Guipúscoa criticou o “manifesto retroceso” do uso e a atención en éuscaro en Kutxabank desde a fusión das tres caixas vascas.
Fonte: Finanzas
O municipio de Arrigorriaga impulsa a promoción e uso do éuscaro no sector hostaleiro
Ata agora, son máis dunha trintena os estabelecementos que asinaron o acordo de traballar a favor da normalización lingüística no sector e que se beneficiaron, para isto, de medidas postas a disposición polo concello, como servizo de tradución, materiais en éuscaro, axudas económicas para a instalación de rótulos e toldos comerciais en lingua vasca e clases de éuscaro para comerciantes.
Fonte: Deia
O Festival de Cine de San Sebastián únese a Kontseilua para impulsar o éuscaro
A 61ª edición do Festival de San Sebastián integrará na súa axenda o concurso de curtametraxes que reflicten o desexo de vivir en éuscaro iniciado por Kontseilua (Consello de Organismos Sociais do Éuscaro) o ano pasado.
Fonte: Diario Vasco
O grupo parlamentario de CiU pide que o catalán sexa obrigatorio para traballar no ámbito xudicial
CiU pediulle ao Goberno que o coñecemento da lingua cooficial e o do dereito propio da comunidade autónoma de destino sexa considerado un requirimento para traballar no ámbito xudicial.
Fonte: La Vanguardia
A Confederación de Comercio de Cataluña difundirá a campaña “Abertos ao turismo, en catalán” no Baixo Ebro
O Consello Comarcal do Baixo Ebro e a Confederación de Comercio de Cataluña asinaron un convenio para difundir a campaña “Abertos ao turismo, en catalán” nesta comarca. A primeira acción que levarán a cabo será a adaptación da guía de benvida a Cataluña El Baix Ebre, mosaic de constrastos (O Baixo Ebro, mosaico de contrastes).
Fonte: Generalitat de Cataluña
Máis de 1600 estudantes canarios participan no programa de inmersión en lingua inglesa
Un total de 1660 estudantes de centros públicos non universitarios de Canarias participarán nos Campamentos de Residencias Escolares, un programa de inmersión lingüística en inglés que pon en marcha, por primeira vez este ano, a Consellería de Educación, Universidades e Sostibilidade do Goberno de Canarias, a través da súa Dirección Xeral de Ordenación, Innovación e Promoción Educativa.
Fonte: Canarias Ahora
A asociación Banaiz Bagara organiza paseos para practicar éuscaro por Azkoitia
Estes paseos permitirán practicar o éuscaro, coñecer novo vocabulario sobre a natureza, a vila, a cidade, a historia e a relación entre xentes do lugar e doutros lugares, podendo ademais gozar do clima de verán e dun bo e agradable ambiente.
Fonte: Diario Vasco
Boletín
Subscríbase ao boletín