España

A conselleira de Educación de Cataluña asegura que case un 13 % dos centros cataláns usa o castelán coma lingua vehicular

A titular de ensino do Goberno de Cataluña deu por primeira vez a cifra de escolas que usan o castelán como lingua vehicular, un 13 %, aínda que non aclarou a proporción de materias que se imparten nesta lingua.

Fonte: ABC

Cataluña

Denuncian que un colexio da localidade de Murgia non ofrece o modelo educativo D de ensino integramente en éuscaro

O Observatorio de Dereitos Lingüísticos, Behatokia, denunciou que o colexio Escola Virxe de Ouro da localidade alavesa de Murgia non imparte o modelo de ensino D, o que obriga aos alumnos a desprazarse ao veciño municipio de Izarra.

Fonte: Deia

País Vasco

Mozos latinos residentes en Barcelona crean unha nova lingua, o lati-español

Un equipo de investigadores da Universidade Autónoma de Barcelona identificou unha nova forma de falar entre os adolescentes de orixe latinoamericana, que combina palabras de diferentes variantes do español de Latinoamérica con outras en catalán e castelán que falan en Barcelona.

Fonte: La Tercera

Cataluña

O Senado recoñece a realidade occitana do Val de Arán

Todos os grupos políticos do Senado aprobaron unha moción que recoñece a realidade occitana do Val de Arán, dotada de identidade cultural, histórica, xeográfica e lingüística e "defendida polos araneses durante séculos".

Fonte: Europa Press

Xeral

Os Premios da Música Independente crean unha categoría en lingua galega

Entre as novidades desta edición dos Premios da Música Independente destaca a creación de tres novas categorías relacionadas cos tres idiomas cooficiais (de mellor produción en éuscaro, mellor álbum en lingua galega e mellor álbum cantado en catalán).

Fonte: Culturagalega.org

Xeral

As escolas da comarca catalá do Bages contan contos coa lingua de signos

O Consello Comarcal do Bages puxo en marcha unha iniciativa para facer chegar contos en lingua de signos de diferentes escolas da comarca.

Fonte: La Vanguardia

Cataluña

O 78 % de alumnos ten o castelán e o catalán como lingua materna

Máis do 75 % dos alumnos do terceiro ciclo de educación primaria das escolas públicas catalás teñen o castelán e o catalán como lingua materna, como o fixeron constar as familias nas solicitudes de matriculación.

Fonte: Europa Press

Cataluña

Esquerda Unida propón que o Concello de Oviedo adopte o uso da lingua asturiana

O grupo municipal de Esquerda Unida no Concello de Oviedo presentou unha proposición urxente para que o municipio adopte o uso do asturiano. Esquerda Unida solicita que o Concello se comprometa a tramitar aqueles escritos que os cidadáns lle dirixan en asturiano e que para isto forme os funcionarios municipais no uso do bable.

Fonte: La Nueva España

Asturias

As ferramentas Windows 8 e Office 2013 xa están xa están dispoñibles en éuscaro

A Viceconsellería de Política Lingüística do Goberno vasco e Microsoft presentaron as novas ferramentas Windows 8 e Office 2013 en éuscaro, nun acto que se celebrou unha sala BBK de Bilbao, baixo o título de “Novas oportunidades a través das TIC”.

Fonte: El Diario

País Vasco

Inician unha campaña para promover o uso do éuscaro nas panaderías

Presentouse na Praza do Santo Cristo de Lezo a campaña para potenciar o uso do éuscaro nas panaderías e pastelerías da comarca de Oarsoaldea, que forma parte do programa de revitalización do éuscaro en distintos sectores comerciais impulsado polos catro concellos.

Fonte: Diario Vasco

País Vasco

Boletín

Subscríbase ao boletín

Logo Feder