España
A iniciativa Spanish Up, posta en marcha en Asturias, achega o estilo de vida, a cultura e a lingua chinesas aos españois
O grupo de empresas da Cidade Tecnolóxica de Valnalón foi novamente a base para a creación dunha nova compañía, Spanish Up. Esta iniciativa nace ao mesmo tempo en China, onde xa está instalada cunha plataforma virtual que ofrece cursos de español, e en Langreo.
Fonte: El Comercio
O Concello de Pamplona convoca un concurso infantil de literatura en éuscaro e castelán
O Concello de Pamplona convocou unha nova edición do Concurso Infantil de Literatura, dirixido a alumnos de Educación Primaria e de primeiro ciclo de Educación Secundaria dos centros escolares de Pamplona e a súa comarca.
Fonte: Diario de Navarra
Denuncian o retroceso na normalización da lingua asturiana en Xixón
O grupo municipal de IU-LV de Xixón denunciou que desde a chegada do equipo de goberno (Foro) á Alcaldía produciuse un gran retroceso na normalización da lingua asturiana na cidade. O voceiro da coalición, Jorge Espina, advertiu en rolda de prensa que Foro incumpre a ordenanza municipal aprobada en materia de normalización lingüística.
Fonte: La Nueva España
O servizo de intérpretes de lingua de signos da Federación Estremeña de Asociacións de Persoas Xordas cumpre dez anos
O servizo de intérpretes de lingua de signos española que presta a Federación Estremeña de Asociacións de Persoas Xordas (FEXAS) cumpriu 10 anos durante os que prestou 27 691 servizos en toda a rexión, segundo informou a federación estremeña nun comunicado.
Fonte: ABC
O Concello navarro de Barañáin incluirá o perfil de éuscaro en 23 postos de atención ao público
O Concello de Barañáin deu un paso importante no dereito dos cidadáns vascoparlantes a ser atendidos en éuscaro pola súa entidade local. O Pleno aprobou a inclusión de novos perfís lingüísticos en 23 postos do seu cadro de persoal orgánico municipal.
Fonte: Noticias de Navarra
O Departamento vasco de Educación revisará os modelos lingüísticos do ensino para mellorar o dominio do éuscaro
A viceconselleira de Educación, Arantza Aurrekoetxea, explicou que o Goberno vasco traballa nunha proposta de revisión do sistema de modelos lingüísticos dirixida a que os alumnos melloren as súas competencias en éuscaro ao finalizar do ensino obrigatorio.
Fonte: El Mundo
A Viceconsellería vasca de Política Lingüística pon a disposición dos usuarios novos produtos dixitais en éuscaro
A Viceconsellería de Política Lingüística puxo a disposición os seguintes produtos: o corrector ortográfico Xuxen para dispositivos móbiles, plugins actualizados dos dicionarios Elhuyar e cinco vídeos que amosan como instalar o software básico de éuscaro.
Fonte: Euskara
Lanzan unha aplicación para cambiar a conduta lingüística e eliminar prexuízos con respecto ao catalán
Edi.cat desenvolveu catro aplicacións en catalán de diferentes temáticas para dispositivos Apple e Android. “Saír do armario lingüístico” é unha guía práctica que dá consellos lóxicos e realizables sobre como se pode mellorar a conduta lingüística, eliminar prexuízos, aprender a vivir en catalán sen traumas e contribuír ao avance social da lingua.
Fonte: Generalitar de Catalunya
O alumnado que opta polo ensino en éuscaro sobe un 20 % entre 2005 e 2011 en Navarra

O alumnado que opta polo ensino en éuscaro (modelo D) en Navarra aumentou un 20 % entre os cursos 2005-2006 e 2010-2011, ao pasar de 19 198 a 22 621 estudantes. Un incremento moi superior ao 9 % rexistrado no modelo G (castelán), que se mantén como a opción máis demandada, ao tempo que o modelo A (castelán con materias en éuscaro) perde un 4 % de escolares.
Fonte: Noticias de Navarra
A normalización do éuscaro avanza no Concello de Estella-Lizarra ao aprobarse unha nova ordenanza
A normalización e o fomento do éuscaro deu un paso fundamental en Estella-Lizarra ao aprobarse a nova ordenanza reguladora.
Fonte: Noticias de Navarra
Boletín
Subscríbase ao boletín