España
Navarra renova o seu convenio coa Real Academia da Lingua Vasca
O Goberno de Navarra e a Real Academia da Lingua Vasca prorrogaron para este ano 2013 a colaboración que ambas as institucións manteñen desde 1918 coa sinatura dun convenio.
Fonte: Diario de Navarra
O Concello de Pasaia impulsará o uso do éuscaro nos comercios
A todos aqueles establecementos que se comprometan de forma oficial co Concello a atender o cliente en éuscaro entregaráselle o adhesivo 'Prest! Euskaraz bizitzeko, eskatu euskaraz', co fin de que a coloque no establecemento e así o cliente poida identificar onde o poden atender en éuscaro.
Fonte: Diario Vasco
A maioría do Parlamento navarro esixe unha emisora que emita en éuscaro en Pamplona
O pleno do Parlamento de Navarra aprobou unha moción pola que se insta o Goberno Foral a “cumprir coas recomendacións do Comité Europeo de Expertos en Linguas Minoritarias e garantir a existencia dunha emisora de radio que emita unicamente en éuscaro na zona urbana de Navarra”.
Fonte: Noticias de Navarra
Expulsan do Congreso a tres deputados de Esquerra Republicana por realizar as súas intervencións en catalán
Por primeira vez na historia da democracia tres deputados foron expulsados nunha mesma sesión plenaria. O episodio tivo lugar cando os deputados de Esquerra Republicana Joan Tardà, Alfred Bosch e Teresa Jordà insistiron en realizar a súa locución en catalán ignorando as advertencias do presidente do Congreso, Jesús Posada.
Fonte: ABC
A Sociedade para a Promoción e Reconversión Industrial promoverá a operativa en éuscaro en ordenadores, tablets e móbiles
A Sociedade para a Promoción e Reconversión Industrial (SPRI) organizou xornadas de traballo en Biscaia e Guipúscoa para promover entre os falantes en éuscaro as claves para “euscaldunizar” os seus ordenadores, tablets e móbiles e os seus sistemas operativos e aplicacións informáticas.
Fonte: Diario Vasco
Unha campaña impulsará o uso do éuscaro no sector hoteleiro, hostaleiro e adegueiro arabés
A Deputación de Áraba puxo en marcha a campaña ‘Xiro Onean’, dirixida a impulsar a presenza e uso do éuscaro no sector socioeconómico de Áraba, incluíndo “de forma progresiva” esta lingua na paisaxe lingüística dos estabelecementos de hostalería do territorio e na documentación dirixida aos clientes.
Fonte: La Vanguardia
Unha aventura gráfica en 3D permite aprender español no Camiño de Santiago
Aprender xogando é unha técnica empregada en moitos niveis educativos, tamén no ámbito dos idiomas. Unha empresa española está desenvolvendo unha ambiciosa aposta no ensino de idiomas, a Spanish Language Route (Ruta da Lingua Española), unha aventura gráfica en 3D na que, coa escusa de rescatar o diario de Cervantes, o alumno-xogador pasa múltiples etapas de aprendizaxe de español.
Fonte: RTVE
A asociación Convivencia Cívica Catalá asegura que hai 1031 solicitudes para recibir ensino bilingüe en Cataluña
A asociación Convivencia Cívica Catalá asegurou que se presentaron 1031 solicitudes nas escolas catalás para recibir ensino bilingüe –aínda que non precisaron cantas peticións foron durante este curso escolar- e que 19 familias acudiron aos tribunais.
Fonte: La Vanguardia
O servizo vasco de garantía dos dereitos lingüísticos recibiu un 15 % máis de queixas que en 2011
O servizo para a garantía dos dereitos lingüísticos, Elebide, rexistrou o ano pasado 340 queixas, consultas e suxestións, o que supón un aumento do 15 % máis que en 2011.
Fonte: Euskara
O Concello de Alzira asina un convenio de colaboración para mellorar a comunicación coas persoas xordas
A alcaldesa de Alzira asinou un convenio de colaboración coa presidenta da Fundación FESORD CV e coa presidenta da Agrupación de Persoas Xordas da Ribeira (APESORIAL). Un convenio con carácter trianual e polo que se pretenden eliminar as barreiras de comunicación entre as persoas xordas e oíntes e xestionar un servizo de mediación social e interpretación en lingua de signos.
Fonte: El Periodic
Boletín
Subscríbase ao boletín