España
Once cidades acollen manifestacións simultáneas en defensa do catalán
Entidades e asociacións cívicas do movemento Enlazados pola Lingua fixeron un chamamento a apoiar as manifestacións simultáneas convocadas para o sábado, 9 de marzo, en todo o territorio dos Países Cataláns en defensa do catalán.
Fonte: 20 minutos
O Goberno vasco recoñecerá os certificados dos niveis básicos para a aprendizaxe do éuscaro
O Departamento de Educación, Política Lingüística e Cultura vai recoñecer, a través de Habe, as certificacións académicas dos niveis básicos de éuscaro A1 e A2 do Marco Europeo para as Linguas, integrándoos no Currículo Básico para a Euscaldunización de Adultos.
Fonte: Europa Press
A rede social Badoo xa está dispoñible en catalán
Badoo é unha das redes sociais de citas máis importantes do mundo e conta con máis de 170 millóns de usuarios. Desde a súa creación, fóronse incorporando idiomas ata ofrecer os seus servizos en 40 linguas distintas. “Actualmente hai máis de dez millóns de persoas no mundo que falan catalán”, explican no seu blog, por este motivo decidiron engadir a lingua catalá no seu portal.
Fonte: El Periódico
Presentan un novo método de aprendizaxe de éuscaro para niveis básicos
O Instituto de Euscaldunización e Alfabetización do Goberno vasco, HABE, presentou un novo método de aprendizaxe de éuscaro, denominado “Primeran!”, dirixido aos alumnos dos niveis básicos A1 e A2.
Fonte: Diario Vasco
O Tribunal Superior de Xustiza de Valencia recoñece a unidade da lingua catalá
O Tribunal Superior de Xustiza de Valencia deulle a razón a Acción Cultural tras o seu recurso contra unha orde da Consellería de Educación que non recoñecía o título de Filoloxía Catalá por acreditar “coñecementos de valenciano” nas probas de acceso ao profesorado do ano 2009.
Fonte: El Punt Avui
Plataforma pola Lingua rexistra 501 queixas por falta de atención e etiquetaxe en catalán
Plataforma pola Lingua rexistrou un total de 501 queixas polas deficiencias de atención lingüística escrita ou oralmente en catalán en comercios, empresas e establecementos e tamén por incumprimentos do dereito do consumidor en materia de etiquetaxe.
Fonte: Europa Press
Nace o maior corpus do éuscaro, que reúne 205 millóns de palabras
A comunidade educativa vasca conta xa co corpus de éuscaro máis grande xamais elaborado cun total de 204,9 millóns de palabras. Elaborado polo Instituto do Éuscaro da Universidade do País Vasco está dispoñible en liña a través de www.ehu.es/etc.
Fonte: El Correo
Diversas asociacións en defensa do éuscaro, o catalán e o galego opóñense á nova lei de educación
Asociacións en defensa do catalán, éuscaro e galego reuníronse no Congreso con distintos grupos parlamentarios para denunciar as consecuencias que provocaría a posta en marcha da reforma educativa e pedirlles que trasladen a “indignación” da sociedade civil.
Fonte: Deia
Nace Aplica’t, unha nova aplicación de lingua catalá
Aplica’t é unha aplicación en lingua catalá dedicada á análise de dúbidas, dificultades e incorreccións, con explicacións e equivalencias en castelán e inglés. A aplicación axudará aos usuarios a ampliar o seu vocabulario e a mellorar a precisión léxica mediante exercicios e actividades interactivas.
Fonte: Generalitat de Catalunya
Organizan o primeiro curso de lingua de signos catalá para as persoas xordas por internet
O Casal Social do Xordo de Manresa e a Fundación Althaia asinaron un acordo para organizar o primeiro curso de lingua de signos catalá en liña. Segundo informaron os organizadores do curso, trátase da primeira vez en España que se fará un curso de lingua de signos por internet.
Fonte: Tecnosord
Boletín
Subscríbase ao boletín