España
Critican que a Radio Televisión do Principado de Asturias non respecte a toponimia oficial nos seus programas
A Xunta pola Defensa da Lingua Asturiana (XDLA) remitiulles cartas ao director da RTPA, Antonio Virgili, e á directora xeral de Política Lingüística, Ana Fueyo Llaneza, pedindo que "no entre público de comunicación se usen de modo sistemático na programación os topónimos oficiais".
Fonte: 20minutos
A Deputación de Guipúscoa e 36 concellos acordan os criterios lingüísticos para os contratos públicos
A Deputación e 36 concellos guipuscoanos, a Mancomunidade de Urola Kosta e a mancomunidade de concellos euscaldúns (UEMA) acordaron unha serie de criterios lingüísticos que pretenden aplicar de forma unificada nas contratacións de servizos e obras externas que realicen.
Fonte: Noticias de Gipuzkoa
Denuncian que o alcalde de Noreña segue prohibindo o uso do asturiano
O alcalde de Noreña, Cesar Movilla, é coñecido polo seu odio contra o asturiano, que o levou en máis dunha ocasión a tratar de prohibir o seu uso no pleno e nas actividades do concello. Agora dáse un novo caso de represión lingüística protagonizado por el, xa que se nega a tramitar dúas solicitudes de documentación de Conceyu Abiertu por Noreña por estar escritas en asturiano.
Fonte: Asturnews
O Goberno vasco relanzará o dereito do consumidor a ser atendido en éuscaro
O Goberno vasco planea “relanzar” o dereito dos consumidores euscaldúns a ser atendidos en éuscaro nos comercios e empresas de servizos. Para isto, a viceconsellería de Política Lingüística “vai analizar o grao de desenvolvemento e implantación” do Decreto sobre os dereitos lingüísticos das persoas consumidoras.
Fonte: Noticias de Gipuzkoa
O nivel de éuscaro e o seu uso están estreitamente relacionados
Preséntanse en San Sebastián os resultados detallados do proxecto Arrue, o retrato máis preciso da relación entre a escola e o uso do éuscaro.
Fonte: Diario Vasco
Os recortes en subvencións para intérpretes de lingua de signos en Andalucía ameazan con marxinar as persoas xordas
As asociacións de persoas xordas denuncian que nos últimos meses viron reducidas as achegas públicas para a contratación dos intérpretes de lingua de signos que acompañan os xordos en tarefas cotiás como a consulta do médico ou unha visita ao banco.
Fonte: Voz Populi
Admiten a trámite un recurso contra o Concello de Barcelona por excluír o castelán nun centro deportivo
O Xulgado Contencioso Administrativo número 7 de Barcelona admitiu a trámite o recurso presentado por Alternativa Cidadá Progresista (ACP) contra o Concello de Barcelona por excluír o español de ‘todas as informacións, escritas e visuais’ das instalacións dun centro municipal deportivo do Ensanche da cidade.
Fonte: La Voz de Barcelona
Deseñan en Córdoba un sistema de tradución automático a lingua de signos con vídeos en 3D
A empresa cordobesa Signlab desenvolveu o proxecto TextoSIGN, que se centra na tradución e interpretación de textos a lingua de signos mediante a xeración de vídeos cun avatar animado en 3D.
Fonte: Tendencias 21
A localidade de Eibar organiza un concurso para escoller a palabra máis fea do éuscaro
Os dous euskaltegis de Eibar (o municipal e o de AEK) organizaron un concurso de palabras en éuscaro, coa colaboración do Concello de Eibar. Este novo concurso trata de escoller entre todos os participantes a palabra «máis fea» en éuscaro.
Fonte: Diario Vasco
O Concello de Bilbao organiza talleres infantís de cociña para fomentar o éuscaro
Os nenos bilbaínos teñen a posibilidade de achegarse ao mundo da cociña e, sobre todo, de practicar éuscaro máis alá das aulas. Isto é o que pretende o Concello de Bilbao cos talleres de cociña do programa Ikusi eta Ikasi, unha actividade que cumpre o seu terceiro ano e que, segundo explican os organizadores, está a ser un grande éxito.
Fonte: Deia
Boletín
Subscríbase ao boletín