España
Organizan ciclos de cine infantil en éuscaro os domingos pola tarde en Labeaga
Volve o cine infantil en éuscaro os domingos pola tarde, impulsado polas Comisións de Éuscaro dos concellos de Urretxu e Zumarraga.
Fonte: Diario Vasco
O Concello de Anoeta organizou un curso de éuscaro para inmigrantes
O Concello de Anoeta puxo en marcha co inicio do novo ano un curso de éuscaro para inmigrantes.
Fonte: Diario Vasco
A páxina web Softcatalà pechou 2012 con 826 151 descargas de software en catalán
Softcatalà é unha asociación sen ánimo de lucro que traballa na difusión da lingua catalá no sector informático relacionado con internet e as novas tecnoloxías. En 2012, a súa páxina web rexistrou 24 102 024 visitas e 826 151 descargas de software en catalán desde esta.
Fonte: Finanzas
O asubío da Gomera reavívase nesta illa canaria
Na illa da Gomera, unha antiga lingua asubiada que no seu momento parecía destinada á desaparición, está sendo reavivada.
Fonte: BBC
Municipios biscaíños promoven a escolarización en éuscaro de nenos de 2 e 3 anos
Trinta e seis municipios de Biscaia puxeron en marcha unha campaña informativa para animar a unhas 7000 familias a que matriculen no modelo D, de ensino en éuscaro, aos seus fillos de 2 e 3 anos.
Fonte: Deia
A nova Lei de educación incluirá o asturiano como materia de oferta obrigada nos centros
A conselleira de Educación e Cultura do Principado, Ana González, anunciou que a futura Lei orgánica para a mellora da calidade educativa (LOMCE) incluirá finalmente a lingua asturiana como materia de oferta obrigada nos centros.
Fonte: RTPA
O Concello de Barakaldo busca promover o uso do éuscaro mediante un programa teatral para público familiar
Todas as obras do Programa de Artes Escénicas para Público Familiar confeccionado polo Concello de Barakaldo (Biscaia) para este ano serán representadas en éuscaro. O obxectivo é promover o uso da lingua vasca entre a cidadanía do municipio.
Fonte: 20 Minutos
A Generalitat de Cataluña premia os alumnos que lles ensinan catalán aos seus compañeiros
A Generalitat promove unha compensación na avaliación dos alumnos de primaria que colaboren e participen na aprendizaxe do catalán dos seus compañeiros nas aulas.
Fonte: La Razón
Unha web de busca de emprego fomenta o uso do éuscaro no traballo
Fomentar o uso do éuscaro no traballo e facilitarlles aos profesionais de sectores como a hostalería, o comercio ou o ensino buscar xente que coñeza este idioma para cubrir ofertas laborais son o obxectivo da iniciativa Beharsarea.net.
Fonte: ABC
A páxina web Txantxangorri.eu ofrece máis de 700 cancións en éuscaro para gozar do karaoke
Gabi de la Maza é profesor de éuscaro e desde hai anos prepara karaokes con cancións vascas para os seus alumnos. Visto o éxito que tiñan, abriu unha canle en Youtube e seguiu engadindo vídeos, ademais de seguir pouco a pouco completando a lista na súa web Txantxangorri.eu.
Fonte: Euskalcultura
Boletín
Subscríbase ao boletín