España

Os servizos de intérpretes de lingua de signos poderían desaparecer en Castela-A Mancha

Os oito intérpretes de lingua de signos e os catro mediadores que traballan na Federación de Asociacións de Persoas Xordas de Castela-A Mancha están pendentes da renovación do convenio que permite a súa actividade.

Fonte: Tecnosord

Castela-A Mancha

O Tribunal Superior de Xustiza de Cataluña ratifica o catalán como lingua vehicular do ensino

O Tribunal Superior de Xustiza de Cataluña ratificou o catalán como lingua “vehicular do ensino, administrativa e de comunicación utilizada normalmente” nas actividades dos centros escolares.

Fonte: El Periódico

Cataluña

As universidades catalás farán unha proba común de acceso en catalán

O Goberno e os reitores das universidades catalás póñense de acordo para evitar que os estudantes accedan á carreira sen competencias na lingua propia.

Fonte: El Punt Avui

Cataluña

Navarra Televisión traducirá ao éuscaro algúns dos seus programas

O Instituto Navarro do Éuscaro, organismo autónomo dependente do Goberno foral, traducirá ao éuscaro parte dos contidos emitidos nesta lingua pola canle autonómica Navarra Televisión.

Fonte: Diario Vasco

Navarra

O Concello de Getxo subvencionará con 40 000 euros actividades extraescolares en éuscaro

O Concello de Getxo aprobou distribuír 40 000 euros en forma de subvencións para fomentar o éuscaro en actividades extraescolares de centros de ensino e asociacións de pais e nais.

Fonte: Deia

País Vasco

Lanzan unha campaña para potenciar o xoguete en catalán, presente no 6 % do mercado

O Centro de Normalización Lingüística de Barcelona lanzou a campaña de Nadal ‘I tu jugues en català?’ (E ti, xogas en catalán?), unha iniciativa para fomentar o uso do catalán no sector do xoguete, xa que este idioma está presente só no 6 % das embalaxes.

Fonte: Qué!

Cataluña

A Universidade Pública de Navarra convoca un concurso de curtametraxes sobre o uso do éuscaro

A Dirección de Planificación Lingüística da Universidade Pública de Navarra convocou o I Concurso de Vídeos Curtos 'Euskera aukera’ co obxectivo de promover o uso normalizado desta lingua no centro universitario.

Fonte: Europa Press

Navarra

A Constitución en lingua de signos recibe 1200 visitas na súa primeira semana

A páxina web da Constitución Española en lingua de signos, destinada ás persoas xordas, recibiu na súa primeira semana de existencia máis de 1200 visitas.

Fonte: Diario Vasco

Xeral

O Concello de Enkarterri reparte catálogos para regalar en éuscaro

Regalar en éuscaro é a mellor opción para que os rapaces falen a lingua durante o seu tempo libre, comezando polas vacacións escolares. Así o entenden as institucións de Enkarterri, que un ano máis redobran os seus esforzos para normalizar o éuscaro a pé de rúa.

Fonte: Deia

País Vasco

San Sebastián repartirá 225 500 euros de axudas á aprendizaxe do éuscaro

O Concello de San Sebastián repartirá este ano 225 550 euros entre 1204 veciños da cidade maiores de 16 anos que están aprendendo éuscaro nos euskaltegis homologados.

Fonte: El Mundo

País Vasco

Boletín

Subscríbase ao boletín

Logo Feder