España

O catalán é a lingua dominante na Wikipedia no conxunto do Estado español

A presenza do catalán na Wikipedia, a enciclopedia libre, duplica a do castelán no Estado español, segundo un estudo de Mark Graham, investigador da Universidade de Oxford.

Fonte: Generalitat de Catalunya

Cataluña

Baleares abandona o Instituto Ramon Llull

O Goberno balear rematou coa colaboración con Cataluña para promover a lingua e a cultura catalás. As illas non farán contribución económica ningunha o vindeiro ano ao Instituto Ramon Llull (IRL), segundo consta no anteproxecto de orzamentos da comunidade para o 2013.

Fonte: La Vanguardia

Illas Baleares

A Xunta pola Defensa da Lingua Asturiana lamenta a supresión da categoría de asturiano dos Premios da Crítica

A Xunta pola Defensa da Lingua Asturiana lamentou profundamente a decisión final da Asociación de Escritoras de Asturias de non incluír nos XIII Premios da Crítica de Asturias aos escritores en lingua asturiana.

Fonte: Europa Press

Asturias

O novo sistema operativo Windows 8 inclúe o catalán como lingua de base

O novo sistema operativo Windows 8 inclúe o catalán como lingua de base desde o primeiro día en todos os equipos que se vendan en España, segundo explicou o director de servizo público de Microsoft Ibérica, Carles Grau.

Fonte: Finanzas

Cataluña

Un selo identificará as entidades que fomenten o uso do catalán

A Dirección Xeral de Política Lingüística do Departamento de Cultura creou unha identificación gráfica para as entidades que formen parte do censo de entidades que fomenten a lingua catalá para aplicala, se queren, nos seus produtos e servizos.

Fonte: Generalitat de Cataluña

Cataluña

O número de alumnos matriculados en lingua chinesa en Andalucía aumenta un 20 %

O número de alumnos matriculados en lingua chinesa na comunidade autónoma andaluza incrementouse entre un 15 e un 20 por cento respecto ao curso pasado no que, por primeira vez, se ofertou esta materia en horario extraescolar, nun total de 10 centros públicos de primaria e secundaria.

Fonte: Ideal

Andalucía

Rexeitan a proposición para regular o éuscaro na prensa en Navarra

O Pleno do Parlamento de Navarra rexeitou a proposición de lei de modificación da Lei foral do éuscaro para regular a presenza desta lingua na prensa.

Fonte: Diario de Navarra

Navarra

Varias empresas reciben un recoñecemento pola súa xestión do éuscaro

Un total de 28 organizacións foron recoñecidas este ano co certificado Bikain do Goberno vasco, que acredita a calidade na xestión do éuscaro.

Fonte: El País

País Vasco

O Concello de Santander promove a aprendizaxe da lingua de signos

O Concello de Santander puxo en marcha un novo curso básico sobre a lingua de signos para facilitar o seu coñecemento a funcionarios, empregados municipais e ao público en xeral, co obxectivo de mellorar a comunicación coas persoas con capacidade auditiva.

Fonte: ABC

Cantabria

San Sebastián edita a nova edición da guía de cultura e ocio en éuscaro

O Servizo de Éuscaro do Concello de San Sebastián publicou e distribuíu 25 000 exemplares dunha nova edición da guía de produtos culturais e de ocio en éuscaro, “Euskara Gida 2012-2013”, que tamén está dispoñible en internet.

Fonte: ABC

País Vasco

Boletín

Subscríbase ao boletín

Logo Feder