España

Miles de persoas participan en Navarra na festa a favor das escolas en éuscaro

Aínda que o mal o tempo reduciu a participación, foron miles as persoas que non dubidaron en participar na festa en favor das ikastolas e que puideron gozar dos numerosos actos organizados.

Fonte: ABC

Navarra

A asociación FIAPAS denuncia que non se aplique a lei que regula a lingua de signos

A Confederación Española de Familias de Persoas Xordas (FIAPAS) denunciou que a lei pola que se recoñecen as linguas de signos españolas e se regulan os medios de apoio á comunicación oral das persoas xordas, con discapacidade auditiva e xordocegas “non se desenvolveu en todos os seus termos”, despois de cinco anos desde a súa entrada en vigor.

Fonte: Europa Press

Xeral

Cincuenta persoas participan en Llodio en programas para falar éuscaro

Medio centenar de veciños de Llodio participan nos programas que imparte o euskaltegi AEK para potenciar o uso do éuscaro fóra dos ámbitos tradicionais.

Fonte: El Correo

País Vasco

Reclámanlle ao Concello de Mieres que teña a páxina web tamén en asturiano

A formación política Conceyu Abierto por Mieres pediu que a páxina web do Concello de Mieres "estea tamén en asturiano”. Denuncian que esta páxina web “non ofrece aos usuarios da rede a posibilidade de visualizala en lingua asturiana”.

Fonte: Asturnews

Asturias

Un bronce atopado en Zaragoza enlaza a lingua celtibera co latín

O fragmento dunha táboa de bronce, atopado de forma fortuíta nas proximidades de Novallas (Zaragoza), enlaza a lingua celtibera co latín.

Fonte: Levante-emv

Aragón

Case un 20 % da poboación navarra fala ou entende o éuscaro

A poboación navarra que coñece e usa o éuscaro aumentou nos últimos anos, aínda que é substancial a diferenza de implantación segundo as zonas.

Fonte: Diario de Navarra

Navarra

Aumentan un 16 % os navarros que apoian o uso e promoción do éuscaro nas dúas últimas décadas

A actitude favorable cara á promoción do uso do éuscaro en todos os territorios onde se fala esta lingua aumentou sete puntos nas últimas dúas décadas, ao pasar do 47,5 % ao 55,2 %. No entanto, o maior aumento desta actitude positiva percíbese en Navarra, onde en 1991 había un 21,6 % de habitantes en favor de promover o éuscaro e na actualidade sitúase en 37,7 %.

Fonte: Noticias de Navarra

Navarra

A Xunta pola Defensa da Lingua Asturiana cre que a nova lei de educación agravará a marxinación do asturiano

A Xunta pola Defensa de la Lingua Asturiana rexeita completamente os plans do ministro de Educación, Cultura e Deporte, José Ignacio Wert, para a futura lei de educación, que suporá tamén un ataque ao ensino da lingua asturiana.

Fonte: Europa Press

Asturias

O Goberno vasco lanza unha campaña para avanzar cara á “igualdade real” entre o éuscaro e o castelán

O Goberno vasco puxo en marcha a campaña “Os teus dereitos lingüísticos están protexidos”, coa que pretende protexer a liberdade dos cidadáns e avanzar cara á “igualdade real” do éuscaro e o castelán, as dúas linguas oficiais de Euskadi.

Fonte: Qué!

País Vasco

Os alumnos de Primaria de Baleares deberán estudar un mínimo de 5 horas de castelán, catalán e unha lingua estranxeira

Os alumnos de Educación Primaria de Baleares deberán cursar un mínimo de cinco horas en cada unha das linguas oficiais (castelán e catalán) e na lingua estranxeira, preferiblemente, o inglés.

Fonte: Europa Press

Illas Baleares

Boletín

Subscríbase ao boletín

Logo Feder