España

O Goberno vasco destina 230 000 euros a cursos de éuscaro nos Centros Vascos

O Goberno vasco aprobou unha resolución pola que se regula a concesión de axudas económicas aos Centros Vascos-Euskal Etxeak para os cursos de éuscaro, ás que destinará 230 000 euros.

Fuente: Europa Press

País Vasco

A Generalitat de Catalunya inicia unha campaña para conseguir máis espectadores nas salas con versión en catalán dos filmes

"T'agradarà sentir-la en català" é a frase que acompañará as películas que se estreen dobradas en catalán co apoio da Dirección Xeral de Política Lingüística do Departamento de Cultura. O obxectivo é conseguir máis presenza de espectadores nas salas onde se emiten versións catalás dos filmes.

Fonte: Generalitat de Catalunya

Cataluña

Un libro detalla por primeira vez a protección xurídica da lingua de signos

Por primeira vez, un estudo describe de maneira minuciosa todos os aspectos constitucionais e legais relacionados en España coa protección da lingua de signos.

Fonte: El Economista

Xeral

O Instituto Castelán e Leonés da Lingua recibe 165 000 euros para promover o español e a cultura de Castela e León

O Consello de Goberno da Xunta de Castela e León aprobou un investimento de 165 000 euros para promover o español e a cultura de Castela e León a través da Fundación Instituto Castelán e Leonés da Lingua.

Fonte: Europa Press

Castela e León

O Servizo Vasco de Saúde facilitará que os pacientes identifiquen os sanitarios que falen éuscaro

A partir de novembro, todo profesional sanitario do Servizo Vasco de Saúde que saiba éuscaro e queira utilizalo cos pacientes terá a posibilidade de identificarse cunha insignia para que os enfermos saiban que poden dirixirse a el na lingua cooficial de Euskadi.

Fonte: El País

País Vasco

A Deputación de Guipúscoa usará só éuscaro nas súas comparecencias públicas

A Deputación de Guipúscoa utilizará só o éuscaro nas súas comparecencias públicas ante os medios de comunicación.

Fonte: Noticias de Gipuzcoa

País Vasco

Canal Sur 2 aposta por unha televisión accesible coa incorporación de subtítulos e lingua de signos española

A Confederación Estatal de Persoas Xordas felicitou a Canal Sur 2 pola súa aposta por unha televisión plenamente accesible para as persoas xordas. A cadea incluíu subtitulado e lingua de signos española en toda a súa programación, o que a converte na primeira televisión de España cen por cen accesible para este colectivo.

Fonte: Fórmula TV

Xeral

A Consellería de Educación de Baleares obriga a un colexio a incluír o castelán no horario

A Consellería de Educación obrigará o colexio público de Son Ferriol a incluír a materia de castelán no seu horario escolar. Desta forma, o centro terá que modificalo e impartir catro horas de lingua castelá á semana. Ata agora, os alumnos de segundo de Primaria non recibían ningunha clase de castelán nese centro.

Fonte: El Mundo

Illas Baleares

O chinés é a segunda lingua máis demandada para os nenos en España

A compañía de ensino de linguas Diverbo analizou as tendencias no comportamento dos usuarios á hora de estudar idiomas e constata que este ano o chinés irrompeu con forza como a segunda lingua estranxeira máis solicitada para os rapaces, tras o inglés.

Fonte: ABC

Xeral

A Real Academia da Lingua Vasca presenta o seu novo dicionario éuscaro-éuscaro

A Real Academia da Lingua Vasca, Euskaltzaindia, presentou o seu novo dicionario éuscaro-éuscaro, cuxo obxectivo é chegar ao grande público, para o que utiliza exemplos de uso dos vinte mil termos que recolle.

Fonte: EITB

País Vasco

Boletín

Subscríbase ao boletín

Logo Feder