España
Valentín García achégase ao lectorado de galego da Universidade Complutense e presenta a exposición de Ramiro Cimadevila
A Consellería de Cultura, Educación e Ordenación Universitaria, representada polo seu secretario xeral de Política Lingüística, reuniuse en Madrid cos responsables do Centro de Estudos da Universidade Complutense e do seu Lectorado de Lingua, Literatura e Cultura Galegas.
Fonte: Xunta de Galicia
O Congreso rexeita a posibilidade de ver canles autonómicas en comunidades que compartan lingua
O Congreso non tramitará a Lei de televisión sen fronteiras, que busca facer posible ver distintas canles autonómicas nas comunidades autónomas que comparten lingua.
Fonte: ABC
Google convoca o I Concurso de Blogs para fomentar o español na rede
Google, a Universidade de Alcalá e Madrid Network Plataforma do Español convocaron o I Concurso de Blogs para fomentar o ensino e difusión do español na rede, onde tan só o 8 por cento dos contidos falan este idioma fronte ao 80 por cento que o fan en inglés.
Fonte: La Vanguardia
Unha campaña de promoción do éuscaro premiará as persoas que utilicen esta lingua ao realizar as súas compras en Durango
O dobre obxectivo da campaña é que se asuma con absoluta normalidade falar en éuscaro ao ir realizar as compras, por un lado, e que o pequeno comercio de Durango se converta nun axente dinamizador para a normalización lingüística, por outro.
Fonte: El Correo
Irún celebra unha nova edición do programa Eskola Kirola, que fusiona éuscaro e deporte
O Concello de Irún e os centros escolares volveron colaborar para ofrecer aos máis novos unha oferta deportiva atractiva que, ademais, servirá para potenciar o uso do éuscaro fóra das aulas.
Fonte: Diario Vasco
Un total de 7000 persoas estuda éuscaro en Vitoria, que "trata de fomentar o bilingüismo”
“Sentes que che falta algo? Se es bilingüe melloras a túa vida e das demais persoas”, di o slogan da campaña promovida polo Concello da capital alavesa para “fomentar o uso do éuscaro”.
Fonte: El Correo
A Generalitat Valenciana recoñecerá cursos de idiomas aínda que non sexan os da Escola Oficial
As universidades, as cámaras de comercio, o Servef, institucións de recoñecido prestixio e escolas internacionais da Comunidade Valenciana poderán ofertar cursos de idiomas recoñecidos pola Generalitat, que acrediten competencias en linguas estranxeiras segundo o marco europeo.
Fonte: Las Provincias
O 41 % das empresas vascas utiliza o éuscaro e o castelán nas súas relacións internas
Un 41 % das empresas vascas utiliza o éuscaro e o castelán nas súas relacións internas. O 53,8 % di que utiliza só o castelán fronte ao 1,6 % que usa exclusivamente o éuscaro, segundo se desprende do estudo sobre competencias lingüísticas nas pemes vascas, promovido pola Asociación de Industrias da Lingua do País Vasco (LANGUNE).
Fonte: El Correo
A organización Compromisu por Asturies alerta sobre un “ataque brutal” á lingua asturiana coa escusa da crise
A formación política Compromisu por Asturies alertou sobre o “ataque brutal” que está sufrindo a lingua asturiana desde o Principado coa escusa da crise económica. Compromisu sinala que se rebaixaron en máis do 60 por cento as axudas que todos os anos se destinan á promoción lingüística.
Fonte: Europa Press
A Confederación Estatal de Persoas Xordas pídelle a Radio Televisión Española que inclúa a lingua de signos nas emisións
A Confederación Estatal de Persoas Xordas (CNSE) pediulle a RTVE que incorpore a lingua de signos ás súas emisións televisivas e cualificou de positivo, aínda que insuficiente, que a entrevista a Rubalcaba incorporase a interpretación só na web.
Fonte: Diario Vasco
Boletín
Subscríbase ao boletín