España

Castela-A Mancha investirá máis de 750 000 euros en programas de mellora do ensino de linguas estranxeiras

A Consellería de Educación de Castela-A Mancha investirá 751 209 euros de cara a que os alumnos dominen, como mínimo, unha lingua estranxeira, segundo informou a Junta en nota de prensa.

Fonte: 20 minutos

Castela-A Mancha

O Departamento de Educación de Cataluña dá o seu apoio a proxectos empresariais que impulsen o uso do catalán

O Departamento de Cultura da Generalitat de Catalunya, a través da Dirección Xeral de Política Lingüística, dá o seu apoio a 34 proxectos empresariais que impulsen o uso do catalán. Destes, 31 son do ámbito das novas tecnoloxías e os 3 restantes están relacionados co uso do catalán na atención ao público.

Fonte: Gencat

Cataluña

O popular xogo ‘Apalabrados’ está agora tamén dispoñible en éuscaro

"Apalabrados" acábase de actualizar á versión 1.4.3 para engadir o idioma éuscaro, actualización de dicionarios e corrección de erros.

Fonte: Eitb

País Vasco

A Consellería valenciana de Educación convoca 329 bolsas de auxiliares de conversación para Educación Infantil

A Consellería de Educación, Formación e Emprego da Generalitat Valenciana vai crear, de cara ao próximo curso, a figura do English Helper ou asistente en clase de inglés na etapa de Educación Infantil. Neste sentido, Educación convocará 329 bolsas de auxiliares de conversación en inglés.

Fonte: El Periodic

Comunidade Valenciana

O número de bilingües en Navarra e a Comunidade Autónoma Vasca aumentou nos últimos anos

De acordo coa última enquisa sociolingüística da Viceconsellería de Política Lingüística do Departamento de Cultura do Goberno vasco, o número de bilingües de 16 anos ou máis aumentou en 185 600 persoas entre 1991 e 2011. O crecemento foi tan importante que, na actualidade, o colectivo representa xa ao 27 % dentro desta franxa de idade.

Fonte: Noticias de Álava

Xeral

Un colectivo de Mallorca informa os turistas da situación “precaria” do catalán

Os voluntarios da entidade Joves de Mallorca per la Llengua levaron a cabo un acto reivindicativo fronte á Catedral de Palma que consistiu en informar os turistas cal é a lingua propia de Mallorca e a “situación precaria” que padece.

Fonte: ABC

Illas Baleares

O uso da lingua vasca instálase nos ámbitos formais

O coñecemento do éuscaro viuse amplamente reforzado ao longo dos últimos anos, pero tamén avanzou notablemente o seu emprego, principalmente nos ámbitos formais.

Fonte: Noticias de Álava

Xeral

Unha decena de autores en español podería optar ao Premio Nacional da Generalitat de Catalunya

As recentes declaracións do presidente do Consello Nacional da Cultura e as Artes (Conca), Carles Duarte, nas que consideraba a posibilidade de que un escritor catalán en lingua castelá poida obter o Premio Nacional de Literatura que outorga cada ano a Generalitat, propician unha posible selección de autores que poderían barallarse entre os galardoables de 2013.

Fonte: El Periódico

Cataluña

O Goberno balear só esixirá o catalán aos traballadores que atendan o alumnado ou o teléfono

O executivo balear só esixirá un requisito mínimo de coñecemento do catalán aos traballadores públicos que teñan como función principal a información e a atención ao alumnado nos centros educativos ou a recepción ao público e/ou atención telefónica.

Fonte: Europa Press

Illas Baleares

A Generalitat de Cataluña destina 1,4 millóns de euros a fomentar o catalán en universidades de fóra de Cataluña

O Instituto Ramón Llull, organismo da Generalitat que ten como finalidade a “proxección exterior da lingua e cultura catalás”, repartiu un total de 1 496 486 euros de subvencións entre universidades de fóra de Cataluña para contribuír ao financiamento da docencia de estudos cataláns.

Fonte: ABC

Cataluña

Boletín

Subscríbase ao boletín

Logo Feder