España
Aproban o novo plan de acción para a promoción do éuscaro
O Consello Asesor do Éuscaro aprobou o novo plan de acción para a promoción da lingua vasca, dotado de 330 accións, cuxo obxectivo principal é fortalecer o seu uso entre a cidadanía.
Fonte: ABC
A páxina web municipal de éuscaro de Ermua ofrece servizos lingüísticos gratuítos
A páxina web de éuscaro da páxina web municipal (www.ermua.es) ofrece servizos gratuítos para toda a poboación que os necesite. Con eles pódese desde traducir un texto en éuscaro ata aprender o idioma en liña, coñecer ofertas de emprego e as actividades que se desenvolven en éuscaro no municipio.
Fonte: El Correo
O concello de Pamplona destina 1.728 euros a axudas para aprender éuscaro en colexios internados
O Concello de Pamplona destina 1.728 euros a axudas pola asistencia a cursos de aprendizaxe de éuscaro en réxime de internado en 2012 (barnetegis), unhas subvencións que os veciños da capital poden solicitar ata o 12 de novembro.
Fonte: ABC
As universidades de territorios de fala catalá saen en defensa da lingua
As 21 universidades dos territorios de fala catalá adscritas á Xarxa Vives, entre as que se atopan a de Barcelona, a de Valencia e a das Illas Baleares, emitiron un comunicado conxunto en defensa da lingua, pedindo que esta non sexa obxecto de “tacticismos políticos”.
Fonte: ABC
A empresa Iberdrola incorpora un servizo de vídeo interpretación en lingua de signos para clientes xordos
Iberdrola acaba de incorporar o servizo de vídeo interpretación ‘SVIsual’ en lingua de signos no seu servizo de atención ao cliente de forma que as persoas xordas ou con algún grao de dificultade auditiva poderán pórse en contacto coa compañía a través de intérpretes de linguas de signos.
Fonte: 20 Minutos
A metade dos docentes liberados para aprender éuscaro logra aprobar
Por termo medio, o 55% dos profesores que participan no programa Irale para aprender éuscaro aproban o perfil lingüístico para o que se presentan no mesmo ano en que participan nos cursos fóra do horario lectivo ou deixan as aulas grazas a unha liberación para centrarse neste obxectivo.
Fonte: El País
O ciclo ‘Cancienes a Escena’ entrégase á lingua asturiana
A cuarta edición do ciclo teatral ‘Cancienes a escena’, que se celebra no centro social de Cancienes, reafirma os seus contidos en lingua asturiana para a edición deste ano.
Fonte: El Comercio
O Instituto Navarro de Promoción de Estudos Sociais volve organizar talleres infantís en éuscaro
O Instituto Navarro de Promoción de Estudos Sociais IPES Elkartea volverá organizar o próximo mes de agosto os seus talleres infantís en éuscaro, co fin de que rapaces que estudaron no mínimo un curso no modelo D reforcen o idioma no verán mentres se divirten.
Fonte: 20 minutos
A Comunidade Valenciana esixirá un nivel de lingua B2 a partir do curso 2013-2014 para impartir materias en lingua estranxeira
A Consellería de Educación Valenciana esixirá, a partir do curso 2013-2014, un nivel de coñecemento equivalente ao B2 do Marco Común Europeo das Linguas, tanto aos docentes de Infantil e Primaria como aos de Secundaria, para impartir materias noutros idiomas como o inglés.
Fonte: Europa Press
O partido Conceyu Abiertu pretende regular o uso de asturiano no concello de Noreña
O partido Conceyu Abiertu por Noreña presentará ante o pleno municipal da vila unha proposta de ordenanza para o uso da lingua asturiana no concello.
Fonte: La Nueva España
Boletín
Subscríbase ao boletín