España

O Parlamento balear elimina o requisito de saber catalán para traballar na función pública

A Comisión de Asuntos institucionais do Parlamento balear aprobou a modificación da Lei de función pública, que elimina o requisito de coñecemento do catalán para traballar na Administración pública, para convertelo nun mérito.

Fonte: Europa Press

Illas Baleares

A asociación berciana Xarmenta defende a continuidade do galego na apertura da matriculación para o vindeiro curso

Con motivo do inicio do período de matriculación para o curso 2012-2013, a Asociación Berciana da Lingua Xarmenta lembrou que, «segundo se recolle no Protocolo de colaboración asinado pola Xunta de Galicia e a Junta de Castilla y León, os centros adscritos ao Programa para a Promoción do Idioma Galego deben outorgarlle continuidade, proporcionando información obxectiva e facilitando a incorporación voluntaria dos alumnos».

Fonte: Diario de León

Castela e León

O Congreso rexeita que sexa un requisito coñecer a lingua cooficial na Xustiza en determinadas zonas de España

A Comisión de Cultura rexeitou unha proposición non de lei na que se pedía que o coñecemento da lingua oficial en determinadas zonas non sexa só un mérito para acceder á función xurisdicional senón un requisito.

Fonte: El Correo

Xeral

Cataluña mantén a inmersión lingüística en catalán pese a que o Tribunal Supremo impón tamén o castelán como vehicular

O Goberno catalán manterá o curso que vén o modelo lingüístico vixente, pese a que o Tribunal Supremo (TS), nunha sentenza, impón tamén o castelán como lingua vehicular no segundo ciclo de educación infantil en Cataluña, igual que o catalán.

Fonte: Diario de Cádiz

Cataluña

O Concello de Zaragoza rexeita a modificación dunha lei que recorte dereitos lingüísticos

O pleno do Concello de Zaragoza aprobou unha moción pola que piden ao Goberno de Aragón o cumprimento de todas as previsións contidas na Lei de linguas de 2009 e rexeita calquera modificación legal que supoña un recorte dos dereitos lingüísticos dos aragoneses no uso do aragonés e o catalán.

Fonte: El Correo

Aragón

Crean unha nova aplicación para aprender éuscaro desde o móbil

Unha nova aplicación para móbiles intelixentes, desenvolvida pola Fundación Elhuyar, permitirá aprender o “vocabulario básico” do éuscaro e poderase empregar a partir do castelán, o inglés e o francés.

Fonte: Noticias de Navarra

País Vasco

Google inclúe tres linguas do territorio español no seu proxecto de linguas en perigo

Google puxo en marcha o proxecto de linguas en perigo de extinción e dentro do estado español inclúe tres linguas: o aragonés, o asturiano e a lingua de signos catalá. Google sinala a primeira destas como a que se atopa nunha situación máis vulnerable.

Fonte: Asturnews

Xeral

Propoñen que os fillos de policías trasladados non se examinen de catalán, éuscaro ou galego

O PP quere que os fillos dos policías e gardas civís trasladados a unha comunidade autónoma con lingua cooficial, como Cataluña, Galicia ou o País Vasco, queden tamén exentos de examinarse desta, se o traslado é inferior a tres anos.

Fonte: ABC

Xeral

A produción de libros editados en valenciano e éuscaro aumenta en 2011

A produción de libros editados en valenciano aumentou en 2011 un 8,5 % e en éuscaro un 1,4 % con respecto a 2010, mentres que nas linguas catalá e galega se produciu un descenso do 6,7 % e do 10,2 %, respectivamente.

Fonte: ABC

Xeral

A Generalitat apoia máis de 30 proxectos empresariais que impulsan o catalán nas empresas, os videoxogos e as novas tecnoloxías

No marco das accións de fomento de uso do catalán no ámbito empresarial, a Dirección Xeral de Política Lingüística do Departamento de Cultura subvenciona 34 proxectos este ano. Destes, 31 servirán para promover produtos e servizos como por exemplo aplicacións para móbil e tabletas, software de xestión empresarial, iniciativas de difusión de produtos tecnolóxicos en catalán e xogos e videoxogos en catalán. Ademais, tamén se subvencionaron tres proxectos relacionados co uso da lingua catalá na atención ao público.

Fonte: Gencat

Cataluña

Boletín

Subscríbase ao boletín

Logo Feder