España
O Concello de Pasaia presenta o seu novo Plan Estratéxico do Éuscaro
O Concello de Pasaia confeccionou un Plan Estratéxico co fin de fomentar o uso do éuscaro no municipio ata o próximo 2020. O informe establece unha serie de prioridades identificadas en cada distrito.
Fonte: Diario Vasco
O Planetario de Pamplona lanza unha versión en inglés do programa ‘Escola de Estrelas’
O Planetario de Pamplona porá en marcha este ano ‘School of Stars’, a versión en inglés do programa escolar ‘Escola de Estrelas', que este curso 2012-2013 cumpre o seu vixésimo aniversario.
Fonte: Europa Press
Propoñen a creación dunha asociación de profesores de catalán para estranxeiros
O ex-director do Instituto Cervantes en Dublín, José Antonio Sierra, pretende presentar unha asociación de profesores de catalán para estranxeiros ou como lingua estranxeira para así resaltar a importancia da lingua catalá tanto en España como a nivel internacional.
Fonte: Salamanca 24 horas
Denuncian que os autobuses de Xixón xa non utilicen a toponimia oficial
Desde a asociación N’ast denuncian como ultimamente a empresa de transporte público xixonés, EMTUSA, “substitúe os topónimos en asturiano que aparecen no transporte público pola súa versión españolizada”.
Fonte: Asturnews
A Escola Oficial de Idiomas de Castellón rexistra un récord de solicitudes para estudar idiomas
A Escola Oficial de Idiomas de Castellón recibiu 13 545 solicitudes de preinscrición para o próximo curso, o que supón un recorde histórico, 5445 máis que o período anterior.
Fonte: El Periódico Mediterráneo
O Concello de Mieres convoca o primeiro concurso de relatos curtos en asturiano para estudantes de secundaria
A Concellería de Cultura de Mieres, a través do Servizo de Normalización Lingüística, convocou o I «Concurso de Relatos Curtos para Estudantes de Secundaria Concello de Mieres».
Fonte: La Nueva España
O Concello de Pamplona convoca axudas para a realización de actividades en éuscaro
O Concello de Pamplona convocou as subvencións a entidades culturais e artísticas para a realización e programación de actividades culturais e artísticas en éuscaro durante 2012.
Fonte: Diario de Navarra
O número de vascos que este verán estudou idiomas no estranxeiro creceu un 20 %
O número de vascos que realizou un curso de idiomas no estranxeiro aumentou un 20 % respecto ao verán de 2011, con preto de 6000 persoas que fixeron un durante as vacacións deste ano.
Fonte: Diario Vasco
A Escola de Tradutores de Toledo incorpora a lingua turca ao seu programa
A vicerreitora de Docencia e Relacións Internacionais, Fátima Guadamillas, anunciou que durante o presente curso académico o centro ampliará a súa oferta docente cun programa formativo dedicado á lingua turca.
Fonte: Diario Crítico
O Departamento vasco de Educación promove o éuscaro mediante o intercambio entre centros escolares desta comunidade
O Departamento de Educación, Universidades e Investigación do Goberno vasco convocou as axudas IKABIL para promover o éuscaro mediante o intercambio entre centros escolares pertencentes á Comunidade Autónoma Vasca para o próximo curso 2012-2013.
Fonte: El Economista
Boletín
Subscríbase ao boletín