España

Iniciativa polo Asturiano critica a “política de marxinación” do bable que exerce a Fundación Príncipe de Asturias

A través dun comunicado, o colectivo apuntou que a Fundación non posibilita visitar a súa páxina web en asturiano, aínda que pode lerse ata en once linguas, e tampouco inclúe o bable en ningún acto da Semana de Premios.

Fonte: 20 Minutos

Asturias

O partido político NaBai pide que os nomes oficiais das rúas de Pamplona sexan bilingües

A voceira de NaBai no Concello de Pamplona anunciou que o seu grupo presentará unha moción para esixir que os nomes oficiais das rúas da cidade sexan bilingües.

Fonte: Diario de Navarra

Navarra

San Sebastián acollerá a feira Xare, que pretende impulsar o uso do éuscaro nas novas tecnoloxías

A feira Xare, que ten como obxectivo que as ferramentas en éuscaro para as novas tecnoloxías “teñan visibilidade” entre a cidadanía, contará con diversos encontros e actividades, que estarán repartidos entre 10 e 15 expositores.

Fonte: Diario vasco

País Vasco

O programa de integración ao éuscaro de inmigrantes cumpre unha década

O programa de integración de inmigrantes ao éuscaro pretende apoiar a aprendizaxe da lingua vasca daqueles rapaces con dificultades para expresarse neste idioma, así como daqueles que se están escolarizando e non coñecen o éuscaro.

Fonte: Diario Vasco

País Vasco

O Goberno de Navarra elimina das placas da Policía Foral a denominación en éuscaro

As novas credenciais da Policía Foral de Navarra, outorgadas ás últimas promocións de funcionarios que ingresaron na organización, carecen da denominación en éuscaro e unicamente conteñen a inscrición en castelán.

Fonte: Noticias de Navarra

Navarra

O Concello de Nules promoverá o valenciano coa iniciativa “Novembro, Mes do Valenciano”

O Concello de Nules cumprirá o seu compromiso coa promoción da lingua e a cultura valencianas co V Novembro Mes do Valenciano, unha iniciativa plenamente consolidada dentro da programación cultural anual.

Fonte: El Periódico Mediterráneo

Comunidade Valenciana

A Generalitat valenciana organiza cursos de valenciano para as empresas da comunidade

A Consellería de Turismo, Cultura e Deporte colabora coas cámaras de comercio da Comunidade Valenciana na oferta de “Cursos de Valenciano á Empresa”, que esta última institución programou para difundir o coñecemento e o uso do valenciano entre os comercios valencianos.

Fonte: El Periodic

Comunidade Valenciana

O Goberno de Cataluña aproba o decreto de creación do Consello Social da Lingua de Signos Catalá

O Goberno aprobou o decreto de creación do Consello Social da Lingua de Signos Catalá, o órgano de asesoramento, consulta e participación social na política lingüística do Goberno en relación coa lingua de signos catalá.

Fonte: Generalitat de Catalunya

Cataluña

Inician unha campaña para incluír unha icona do éuscaro no buscador Google para darlle visibilidade a esta lingua

A Sociedade de Estudos Vascos-Eusko Ikaskuntza iniciou unha campaña para que o buscador de internet Google dedique unha icona á lingua co obxectivo final de darlle visibilidade ao éuscaro.

Fonte: ABC

País Vasco

Un 24 % dos españois considera que os seus fillos deben aprender chinés

Os españois queren aprender chinés, segundo datos do ultimo Eurobarómetro sobre “Os Europeos e as súas Linguas”, onde tamén se reflicte que un 24 % dos enquisados (fronte ao 14 % dos europeos) considera que este idioma é a segunda lingua que escollería para o futuro dos seus fillos.

Fonte: La Razón

Xeral

Boletín

Subscríbase ao boletín

Logo Feder