España

Piden que se inclúa a literatura en lingua asturiana na revista de literatura Platero

A revista Platero, creada con financiamento público para difundir a literatura infantil e xuvenil polo centros docentes de Asturias, non inclúe nunca obras literarias en asturiano.

Fonte: Asturnews

Asturias

Poñen en marcha en Andalucía unha comunidade virtual para formarse en lingua de signos

Os alumnos do taller de emprego ‘Especialista en Lingua de Signos e Web 2.0’ crearán a primeira comunidade virtual dirixida a usuarios de lingua de signos, unha plataforma que facilitará o ensino na modalidade a distancia e na que poderán participar tanto persoas xordas interesadas en formarse coma docentes desta lingua e oíntes que queiran practicala.

Fonte: Granada Hoy

Andalucía

O alumnado da Universidade Pública de Navarra debe lograr o nivel B1 en lingua estranxeira para poder graduarse

Os estudantes de grao da Universidade Pública de Navarra deberán amosar unha competencia lingüística en inglés, francés, alemán ou italiano equivalente ou superior ao nivel B1 (intermedio) para graduarse.

Fonte: Noticias de Navarra

Navarra

Legazpi inicia unha medición sobre o uso do éuscaro

Os servizos de éuscaro da comarca de Urola Garaia poñen o termómetro a tendas e bares estes días para coñecer o grao de utilización do éuscaro nos seus establecementos, comprobar o efecto que tiveron as campañas organizadas desde estes para impulsalo e identificar os focos sobre os que traballar no futuro.

Fonte: Diario Vasco

País Vasco

O municipio balear de Sant Llorenç seguirá esixindo o catalán como requirimento para entrar na Administración pública

O Concello de Sant Llorenç des Cardassar aprobou en pleno que o catalán siga sendo un requirimento e non un mérito para acceder a un emprego público municipal.

Fonte: Diario de Mallorca

Illas Baleares

Nace a primeira tenda en liña de aplicacións para móbiles en éuscaro

Euskalapps.net encárgase de recompilar as aplicacións en éuscaro tanto para os consumidores como para os creadores.

Fonte: EITB

País Vasco

Varios colectivos de Navarra animan á matriculación en éuscaro

A proximidade das datas de matriculación fixo que Garean reunise varios colectivos coa idea de “animar a apuntar os nenos e nenas nos centros onde se imparta o modelo D, de ensino en éuscaro”.

Fonte: Noticias de Navarra

Navarra

O uso do éuscaro dos escolares diminúe fóra das aulas

Un estudo promovido polo Goberno vasco amosa que a maioría dos escolares de 4º de Primaria e 2º de ESO usan fundamentalmente o castelán fóra das aulas, aínda que no caso dos primeiros a tendencia se inverte cando están en clase.

Fonte: Deia

País Vasco

Un programa educativo impulsa o estudo do valenciano entre os veciños de Almussafes

Baixo o lema ‘Parla’m en valencià’ (Fálame en valenciano) impúlsase de novo a riqueza da lingua da Comunidade a través do seu vehículo natural: a comunicación entre cidadáns. A localidade de Almussafes organiza este programa gratuíto, educativo e cultural por terceiro ano consecutivo, dado o éxito do que gozou nas anteriores edicións.

Fonte: Las Provincias

Comunidade Valenciana

Iniciativa polo Asturiano propón que se utilice o asturiano no Entroido de Oviedo

Desde Iniciativa polo Asturiano solicítalle ao Concello de Oviedo que utilice a lingua asturiana nos carteis oficiais do Entroido da cidade.

Fonte: Infoasturies

Asturias

Boletín

Subscríbase ao boletín

Logo Feder