España

Asociacións da Franxa piden políticas en Aragón que preserven o catalán

As asociacións culturais da Franxa reclaman que se recoñezan a lingua catalá e a lingua aragonesa na lexislación autonómica e que se aseguren as medidas necesarias para a súa conservación nas comarcas onde é lingua histórica.

Fonte: ABC

Aragón

Valentín García incide na investigación e na proxección exterior da lingua na XIV Xornada de Cultura Galega en Granada

A Consellería de Cultura, Educación e Ordenación Universitaria, a través do secretario xeral de Política Lingüística, Valentín García, participou na XIV Xornada de Cultura Galega, organizada polo Centro de Estudos Galegos da Universidade de Granada e coordinada polo profesor lector de galego desta universidade, David Pérez González, que imparte docencia de lingua e cultura galegas nas facultades de Tradución e de Filosofía e Letras.

Fonte: Xunta de Galicia

Andalucía

Celebran en Baleares oito xornadas de lecturas continuadas durante 24 horas de textos en catalán en defensa desta lingua

A iniciativa “Enllaçats per la paraula” (Enlazados pola palabra) consistirá na celebración de oito xornadas de lecturas continuadas de textos en catalán durante 24 horas, polos oito séculos que hai que esta lingua se fala en Baleares.

Fonte: ABC

Illas Baleares

A Rioxa Arabesa fomenta o uso do éuscaro cun circuíto de actos

A Federación de Asociacións de Éuscaro, Topagunea, organizou un amplo calendario de actividades culturais na Rioxa Arabesa co obxectivo de fomentar o uso do éuscaro entre os veciños da zona.

Fonte: El Correo

País Vasco

Apróbase un convenio para mellorar o coñecemento de inglés dos alumnos de Murcia

O Goberno rexional de Murcia deu luz verde a un convenio entre o Ministerio de Educación, Cultura e Deporte e a Consellería de Educación, Formación e Emprego para o desenvolvemento do programa de cooperación territorial ‘Inmersión Lingüística’, cuxo obxectivo é mellorar a fluidez dos alumnos da rexión no uso da lingua inglesa.

Fonte: La Información

Murcia

O Consello Consultivo das Illas Baleares aproba a libre elección de lingua de ensino na admisión de alumnos

O conselleiro de Educación, Cultura e Universidades, Rafael Bosch, anunciou que o Consello Consultivo de Baleares deu o seu visto e prace á libre elección de lingua de ensino na convocatoria do proceso de admisión e matriculación de alumnos.

Fonte: ABC

Illas Baleares

A lingua de signos española estará presente no debate de investidura do presidente de Andalucía

O debate de investidura do novo presidente andaluz será emitido en directo por Canal Sur e, tal e como establece a lei, será integramente traducido á lingua de signos española por un equipo de intérpretes da Federación Andaluza de Asociacións de Persoas Xordas.

Fonte: Diario Signo

Andalucía

Éuscaro e deporte unirán a escolares de Iparralde e Zarautz

Escolares de Iparralde e de Zarautz coñeceranse co éuscaro e o deporte como nexo de unión nunha iniciativa que se vén desenvolvendo desde comezos de ano e na que alumnos da localidade de Saint Pierre d’Irube e da Ikastola Salbatore Mitxelena se están comunicando en éuscaro a través do correo electrónico.

Fonte: Diario Vasco

País Vasco

O programa Gurasolagun facilitará aos pais a práctica do éuscaro en Ermua

Os fillos xa non son unha escusa para non practicar o éuscaro en Ermua. O programa de promoción do éuscaro falado na vila, Berbalagun, incorporou durante este curso unha nova modalidade denominada ‘Gurasolagun’, que permite aos pais e nais interesados charlar en éuscaro durante unha hora á semana.

Fonte: El Correo

País Vasco

A organización Iniciativa polo Asturiano chama a participar na manifestación pola oficialidade desta lingua

A organización Iniciativa polo Asturiano chamou a participar na Manifestación pola Oficialidade, en Oviedo. Este acto reivindicativo celébrase coincidindo co Día das Letras Asturianas.

Fonte: Europa Press

Asturias

Boletín

Subscríbase ao boletín

Logo Feder