España

O centro Euskal Etxea-Fogar Vasco de Madrid foi premiado polo seu labor de fomento do éuscaro

Non son os únicos que ofrecen clases de éuscaro en Madrid, pero si os que teñen maior número de alumnos e os máis comprometidos co fomento da cultura vasca. Son os argumentos ofrecidos polo presidente de Eusko Ikaskuntza ao entregar o premio ENE-2011 á Euskal Etxea-Fogar Vasco, de Madrid.

Fonte: Diario Vasco

Madrid

O Observatorio de Dereitos Lingüísticos Behatokia insta a garantir o dereito a vivir en éuscaro

O Observatorio de Dereitos Lingüísticos Behatokia considera, no décimo aniversario da súa fundación, que é “urxente tomar medidas para garantir o dereito a vivir en éuscaro”.

Fonte: El Mundo

País Vasco

O catalán será un mérito e non un requirimento para acceder á Administración balear

O Goberno balear iniciou o trámite para modificar a Lei de función pública para que a lingua catalá deixe de ser un requirimento e pase a ser un mérito para os procedementos de acceso e provisión na función pública na comunidade autónoma.

Fonte: Libertad Balear

Illas Baleares

Asturias terá intérpretes de lingua de signos en centros educativos

A Consellería de Educación e Universidades do Principado dixo que garantirá o servizo de intérpretes de lingua de signos nos centros públicos asturianos para o presente curso escolar.

Fonte: La Información

Asturias

O I Plan do Español incrementa nun 37 % o número de alumnos de castelán en Castela e León

O I Plan de Español 2005-2011 saldouse cun incremento do 37 % no volume de alumnos que chegan a estudar o castelán en Castela e León, segundo anunciou a Consellería de Cultura e Turismo.

Fonte: El Mundo

Castela e León

Só 1100 profesores dos 29 000 de Primaria poderían ensinar inglés na Comunidade Valenciana

Na Comunidade Valenciana, unicamente o 4,27 por cento do profesorado de Ensino Primario ten a dobre titulación de mestre e o B2 de lingua inglesa, mentres que en Infantil a porcentaxe se eleva ao 13,2, segundo datos facilitados pola consellería.

Fonte: Levante-emw

Comunidade Valenciana

A edición en éuscaro da enciclopedia dixital Wikipedia incorpora 11 000 novas entradas

A edición en éuscaro da enciclopedia dixital Wikipedia incorporou 11 000 novas entradas, que se suman ás 110 000 que se editaran ata o momento.

Fonte: Europa Press

País Vasco

Piden a retirada dunha lei por considerar que vai contra a Constitución en materia lingüística

Convergència per les Illes pediu ao Goberno balear a retirada do anteproxecto que modifica a Lei de función pública e a de normalización lingüística por considerar que ao suprimir artigos referidos á protección do catalán son contrarias ao que din a Constitución e o Estatuto balear.

Fonte: ABC

Illas Baleares

Iniciativa polo Asturiano celebra o uso da toponimia asturiana por parte da empresa de transportes ALSA

A empresa de transportes ALSA comezou a usar a toponimia asturiana tradicional, e agora oficial, despois de varias queixas. A asociación Iniciativa polo Asturiano decidiu felicitar a través dunha carta a empresa polo avance no uso da toponimia asturiana.

Fonte: Asturnews

Asturias

Esquerda Unida Valladolid propón que os plenos municipais se traduzan á lingua de signos

O Grupo Municipal de Esquerda Unida propuxo que se traduzan os plenos municipais á lingua de signos e se incorpore a imaxe dos intérpretes nun recadro do vídeo no que se gravan esas sesións.

Fonte: Europa Press

Castela e León

Boletín

Subscríbase ao boletín

Logo Feder