España

A asociación Karrikiri crea para 2012 un mapa con 224 establecementos bilingües en Pamplona e a súa comarca

A asociación bilingüe Karrikiri, xunto con Karrikaluze e Elhuyar, editan cada ano unha guía cun mapa que inclúe todos os establecementos e servizos públicos nos que se atende en lingua vasca (tendas, bares, despachos…).

Fonte: Noticias de Navarra

Navarra

O Tribunal Supremo rexeita un recurso en catalán

O Tribunal Supremo rexeitou un recurso en catalán de Marc Belzunces, que estuda agora a posibilidade de facer un recurso de amparo ao Tribunal Constitucional, ao consideralo un “caso de discriminación dos falantes de catalán” nos tribunais de xustiza españois.

Fonte: E-noticies

Xeral

Centos de asociacións e municipios seguen sen as axudas para o fomento do éuscaro

Faltan só uns días para que culmine o exercicio e centos de asociacións, empresa e consistorios do País Vasco non recibiron aínda a notificación do Departamento de Cultura do Goberno vasco que confirme se lles concederon a subvención solicitada, nin que cantidade percibirán.

Fonte: Deia

País Vasco

Inician unha nova campaña para impulsar a lingua catalá na práctica deportiva

A Dirección Xeral de Política Lingüística do Departamento de Cultura e a Secretaría Xeral do Deporte, coa colaboración da Unión de Federacións Deportivas de Cataluña, impulsan a campaña “Mou-te en catalá”, coa finalidade de fomentar o uso oral da lingua catalá no ámbito deportivo.

Fonte: Gencat

Cataluña

Preséntase unha nova asociación en defensa da lingua asturiana

Desde hai uns meses, un grupo de persoas está traballando na creación dun colectivo novo de defensa da lingua asturiana. Este, que leva o nome de Iniciativa Pol Asturianu, presentarase en Oviedo.

Fonte: Asturies.com

Asturias

Para o director xeral de Política Lingüística, a recuperación do asturiano non é posible sen a dignificación da súa cultura

«A recuperación definitiva do asturiano e do galego-asturiano non é posible sen a dignificación da propia cultura». O director xeral de Política Lingüística, Alfredo Álvarez, resaltou así a importancia que os pobos, as súas xentes e os seus costumes teñen para conservar unha lingua.

Fonte: El Comercio

Asturias

A lingua de signos española xa é oficial en Andalucía

O Boletín Oficial da Xunta de Andalucía publicaba na súa edición do 15 de decembro a lei que regula o uso da lingua de signos española en Andalucía. Desde agora todo o seu contido é de obrigado cumprimento.

Fonte: Diario Signo

Andalucía

A toponimia en éuscaro de Bergara queda plasmada nun mapa e nunha web

Os 6000 exemplares do plano distribuiranse de forma gratuíta. Un millar de topónimos sobre o papel e 2000 na web local, que ademais engade outras 12 000 achegas.

Fonte: Diario Vasco

País Vasco

Inician unha campaña para usar o éuscaro na relación directa co Concello de Tolosa

‘Fala co Concello en éuscaro, é o teu dereito’. Este é o lema da campaña que busca lograr que a cidadanía tolosarra, sexa cal sexa o seu nivel de coñecemento do éuscaro, o utilice cando teña que facer xestións nas oficinas municipais, trámites, solucionar dúbidas ou completar papeis.

Fonte: Diario Vasco

País Vasco

A produtora Ámbitu estrea a primeira serie en asturiano feita para a rede

A produtora Ámbitu, editora do diario Les Noticies, acaba de emitir os tres primeiros episodios de “Chatarrona”, a primeira comedia de situación en asturiano feita para a rede.

Fonte: Asturnews

Asturias

Boletín

Subscríbase ao boletín

Logo Feder