España

Madrid axuda á industria editorial promovendo o español en Alemaña

A Comunidade de Madrid puxo en marcha o plan promocional do español como lingua estranxeira (ELE) co fin de apoiar as editoriais madrileñas nas súas vendas no estranxeiro e, en concreto, en Alemaña.

Fonte: ABC

Madrid

O Parlamento vasco presenta unha edición facsimilar do ‘Vasconum Linguae Primitiae’, o primeiro libro impreso en éuscaro

A presidenta do Parlamento vasco, Arantza Quiroga, presentou a edición facsimilar do ‘Linguae Vasconum Primitiae’, de Beñat Etxepare, que pasa por ser o primeiro libro impreso en éuscaro que se coñece.

Fonte: Europa Press

País Vasco

O idioma aragonés ten moi pouca presenza en Twitter

O idioma aragonés está presente en Twitter, aínda que reducido a unha mínima expresión. Polo menos así o amosa un documento realizado por un programador especialista en mapas, Erik Fisher. Estes datos contrastan coa saúde do aragonés en plataformas como Wikipedia.

Fonte: Heraldo

Aragón

O programa de galego do Bierzo cumpre 10 anos con preto de mil alumnos

O programa de ensino do galego na comarca do Bierzo acaba de cumprir dez anos e coincidindo con esta efeméride, desde o colectivo promotor da cultura galega na zona, Fala Ceibe, fixeron un balance que cualifican coma positivo.

Fonte: Diario de León

Castela e León

O español representa en España o 16 % do PIB

É un dos seis idiomas oficiais da ONU e, tras o inglés e o chinés mandarín, unha das linguas máis faladas do mundo. O español fálase en todos os continentes do planeta e está especialmente en auxe nos Estados Unidos e en Asia. Converteuse, tras o inglés e o francés, na 3ª lingua europea. En termos económicos chega a representar o 16 % do PIB español.

Fonte: Euroxpress

Xeral

A Deputación de Biscaia achega 4,4 millóns de euros á promoción do éuscaro

Estas axudas inclúen a edición de publicacións integramente en lingua vasca e os produtos que fomentan a presenza do éuscaro nas tecnoloxías da información e da comunicación.

Fonte: La Vanguardia

País Vasco

O persoal das administracións públicas de Navarra aprenderá idiomas en internet

O Goberno de Navarra vai ofrecer a todos os seus empregados públicos da Administración da Comunidade foral e do resto das administracións públicas de Navarra, por primeira vez, unha oferta formativa en éuscaro, inglés e francés a través de internet e con apoio das redes sociais.

Fonte: Europa Press

Navarra

Nace “Acción e Política”, unha nova iniciativa na blogosfera en asturiano

A blogosfera en asturiano coñeceu o nacemento dunha nova iniciativa con esta lingua como medio de expresión que busca trasladar o pensamento alternativo á poboación da rexión.

Fonte: Infoasturies

Asturias

A Comunidade de Madrid ofreceu máis de 11 000 servizos de intérpretes para xordos

A Comunidade de Madrid facilitou entre xaneiro e novembro de 2011 máis de 11 150 servizos de intérprete para persoas con discapacidade auditiva, que puideron así realizar de forma autónoma xestións como ir ao médico ou ao banco.

Fonte: El Mundo

Madrid

Ràdio 4 cumpre 35 anos emitindo ininterrompidamente en catalán

A emisora de Radio Nacional de España en Cataluña, Ràdio 4, celebra o seu 35 aniversario, o que a consolida como a radio que leva máis anos emitindo ininterrompidamente en catalán.

Fonte: ABC

Cataluña

Boletín

Subscríbase ao boletín

Logo Feder