Galicia
Valentín García participa na presentación das iniciativas coas que o Casino de Santiago conmemora o Día do Libro
O secretario xeral da Lingua, Valentín García, participou na presentación das iniciativas que impulsa a Asociación Cultural Casino de Santiago co gallo do Día do Libro. Acompañárono o presidente e secretaria da entidade, Ubaldo Rueda e Maribel Martín, respectivamente.
Fonte: O Portal da Lingua Galega
A Xunta ofrece por primeira vez cursos de galego no Instituto Cervantes de Nova York

A Xunta de Galicia pon en marcha por primeira vez cursos de galego en Nova York a través do Instituto Cervantes. Así o anunciou hoxe o secretario xeral da Lingua, Valentín García, nunha visita á sede da entidade no comezo destas clases “coas que non só expandimos e ampliamos o coñecemento do noso idioma máis alá da nosa terra”, apuntando que “tamén é unha maneira de darlle prestixio a través dunha institución de renome e, ademais, tendo en conta que Nova York é un punto estratéxico”.
Fonte: O Portal da Lingua Galega
A Xunta estende a programación do ‘Ano Castelao’ ao exterior a través dos centros galegos
O secretario xeral da Lingua, Valentín García, presentou hoxe na Casa de Galicia de Nova York a programación do Ano Castelao a nivel internacional. Trátase dunha proposta que abrangue actividades nos Centros de Estudos Galegos e nas Casas de Galicia de distintos puntos do mundo co obxectivo “de proxectar no exterior a figura dun dos persoeiros máis destacados da cultura galega e pensando en achegar o seu coñecemento ás novas xeracións”.
Fonte: O Portal da Lingua Galega
O Carballo Interplay volve contar co apoio da Xunta para converterse na gran plataforma para a creación de contidos dixitais en galego

O festival de contidos dixitais Carballo Interplay abre co apoio da Xunta de Galicia a súa duodécima edición, que se desenvolverá no edificio do mercado e noutros puntos da vila ata o vindeiro domingo 27 convertendo a capital bergantiñá en centro de difusión da creación dixital con 20 webseries procedentes de 12 países na sección oficial a concurso e premios para os mellores contidos, canles e profesionais da creación en galego.
Fonte: Xunta de Galicia
Valentín García presenta en Nova York a IX edición do Festival Kerouac, que promove a poesía galega en América co apoio da Xunta de Galicia

O secretario xeral da Lingua, Valentín García, participou na presentación oficial da IX edición do Festival Internacional Kerouac de Poesía en Nova York, un encontro cultural que conta co apoio da Xunta de Galicia e que serve como ponte poética entre Galicia e América.
Fonte: O Portal da Lingua Galega
A CRTVG e o Consello da Cultura Galega asinan un convenio para difundir o galego
A presidenta do Consello da Cultura Galega (CCG) e o director da CRTVG asinaron un convenio para promover a lingua e cultura galegas. Este convenio, cunha vixencia de dous anos prorrogables, permitirá a difusión de actividades do CCG a través das plataformas da televisión pública.
Fonte: Consello da Cultura Galega
A Xunta convoca as axudas á edición de materiais didácticos en lingua galega para o ano 2025
O Diario Oficial de Galicia vén de publicar a convocatoria de subvencións para a edición en lingua galega de recursos didácticos curriculares para niveis non universitarios. Trátase dunha liña de axudas destinadas á edición de materiais en formato impreso ou dixital á que a Consellería de Cultura, Lingua e Xuventude achega 200 000 euros para este ano.
Fonte: O Portal da Lingua Galega
Valentín García destaca a implicación do tecido empresarial co impulso do galego

O secretario xeral da Lingua, Valentín García, presentou un estudo que afonda no uso do galego no tecido empresarial da comarca do Deza destacando “a importancia de involucrar a todos os axentes posibles á hora de facer unha radiografía da situación do idioma desde distintos ámbitos e perspectivas”.
Fonte: O Portal da Lingua Galega
A Xunta convoca a VIII edición do Premio CGAC de investigación e ensaio sobre arte contemporánea
A Xunta de Galicia acaba de convocar a oitava edición do Premio CGAC de Investigación e Ensaio sobre a arte, cuxo obxectivo é promover o coñecemento e o acceso do público á arte contemporánea nas súas diversas manifestacións, así como favorecer a comunicación social das artes plásticas.
Fonte: O Portal da Lingua Galega
Ferrol acolle unha nova edición do festival Mocidade coa Lingua
O Auditorio de Ferrol acolleu a XXXII edición do festival Mocidade Coa Lingua, un evento que promove a creatividade musical do alumnado da comarca situando o galego como eixe central. Participaron varios grupos de música de centros educativos locais, que interpretaron cancións orixinais ante máis de 700 estudantes.
Fonte: Diario de Ferrol
Boletín
Subscríbase ao boletín