Galicia
López Campos salienta a importancia de impulsar o galego nas propostas de lecer para a rapazada dentro e fóra das escolas
O conselleiro de Cultura, Lingua e Xuventude, José López Campos, salientou hoxe a importancia de impulsar unha maior presenza do galego nas propostas de lecer para a rapazada, dentro e fóra das aulas, para incrementar o seu uso e prestixio. Fíxoo durante a clausura no colexio do Carballal en Marín do programa de dinamización lingüística 21 días co galego e+, cuxo remate sempre se fai coincidir coa data de celebración do Día da Lingua Materna, e no que estivo acompañado polo secretario xeral da Lingua, Valentín García.
Fonte: O Portal da Lingua Galega
A Xunta afianza o compromiso coa proxección da lingua en colaboración co Goberno leonés

O Programa de promoción do galego nos territorios de Castela e León limítrofes con Galicia consolídase chegando neste curso 2024/2025 ás 1166 persoas matriculadas, afianzando así o compromiso do Goberno autonómico co impulso da lingua máis alá das fronteiras da Comunidade.
Fonte: O Portal da Lingua Galega
Redondela convértese no primeiro concello en incorporar a toponimia como ben patrimonial ao seu PXOM
O Concello de Redondela incorporará a toponimia ao seu Plan Xeral de Ordenación Municipal como ben patrimonial, unha decisión valorada pola Real Academia Galega como pioneira. Na xuntanza entre representantes municipais e membros da Academia, presentáronse diversas iniciativas para recuperar e dar a coñecer a toponimia local, como a catalogación de microtopónimos e a publicación de estudos. A institución académica animou outros concellos a seguir este exemplo.
Fonte: Concello de Redondela
A plataforma Queremos Galego convoca unha manifestación en Santiago en defensa da lingua
A plataforma Queremos Galego, que agrupa 600 entidades, convoca unha gran manifestación o 23 de febreiro en Santiago de Compostela baixo o lema «Lingua vital xa! Paremos a emerxencia lingüística». A marcha, que coincide co Día de Rosalía, partirá da Alameda ata a praza do Obradoiro para denunciar a situación do galego.
Fonte: O Salto
A Xunta inicia a celebración do Día da Lingua Materna nos centros educativos

Os conselleiros de Cultura, Lingua e Xuventude, José López Campos, e de Educación, Ciencia, Universidades e FP, Román Rodríguez, acompañaron a cativada do colexio Mestre Rodríguez Xixirei, de Santiago de Compostela, na actividade «Ecoralia, a lambona ecolóxica». Trátase da proposta coa que a Xunta de Galicia pon en marcha a celebración do Día da Lingua Materna, que terá lugar o vindeiro venres 21 de febreiro, e que chegará tamén a outros centros galegos.
Fonte: O Portal da Lingua Galega
A Xunta convida as familias a celebrar o entroido no Gaiás cun baile de disfraces inspirado no mundo literario de Oz e cun concerto de Paco Nogueiras
A Xunta de Galicia celebrará o Entroido na Cidade da Cultura de Galicia cun baile de disfraces para público familiar inspirado no imaxinario dunha das sagas literarias máis recoñecidas e queridas por público infantil e xuvenil de todo o mundo, O Marabilloso Mago de Oz.
Fonte: O Portal da Lingua Galega
Comeza o foro participativo sobre a lingua organizado polo Consello da Cultura Galega

O Consello da Cultura Galega abriu a inscrición para a primeira sesión do foro «Un país coa súa lingua», que levará por título Educación e socialización na que se abordará o papel do ensino en galego e as solucións para impulsar a súa transmisión interxeracional. O proceso, que inclúe seis mesas temáticas entre febreiro e xullo, busca identificar medidas prioritarias para a normalización da lingua. A cidadanía pode participar presencialmente, en liña ou enviando propostas.
Fonte: Consello da Cultura Galega
López Campos anuncia a colaboración da Xunta co concello de Rianxo na celebración do ‘Ano Castelao’
O conselleiro de Cultura, Lingua e Xuventude, José López Campos, reuniuse hoxe en San Caetano co alcalde de Rianxo, Julián Bustelo, para avanzar na colaboración na programación do Ano Castelao con este municipio coruñés do que era orixinario o intelectual galeguista.
Fonte: O Portal da Lingua Galega
López Campos gaba as iniciativas escolares “que contribúen á dinamización da lingua galega”
O conselleiro de Cultura, Lingua e Xuventude, José López Campos, acompañou no colexio de Barouta ao alumnado participante no peche da presente edición do programa Modo Galego, Actívao!, na que tomou parte o estudantado dos centros Agro do Muíño, A Maía, da Escola Infantil do Milladoiro e do propio Barouta.
Fonte: O Portal da Lingua Galega
A Xunta apoia a creación dun Laboratorio de Cantigas para recuperar e renovar a poesía popular galega
O conselleiro de Cultura, Lingua e Xuventude, José López Campos, participou hoxe no Museo do Pobo Galego na presentación do Laboratorio de Cantigas Novas, impulsado polo Concello de Ortigueira, e que puxo en valor pola súa “importante contribución para conservar e protexer este valioso legado que forma parte do patrimonio inmaterial, clave na identidade e cultura galegas”.
Fonte: O Portal da Lingua Galega
Boletín
Subscríbase ao boletín