Galicia
Ames acolle a VI Festa do Apego para promover a transmisión familiar do galego

O Concello de Ames organiza a VI Festa do Apego, unha xornada festiva dedicada a promover a lingua galega no lecer familiar. O evento ofrece contos, xogos, teatro, obradoiros e espazos creativos para fomentar unha crianza positiva en galego.
Fonte: Concello de Ames
A cuarta mesa do foro «Un país coa súa lingua» propón a creación dunha plataforma para a difusión da identidade galega
A xornada «Comunicación, cultura e acción exterior» destacou a importancia de integrar o galego e a identidade galega como eixe estratéxico nas empresas. Presentáronse exemplos inspiradores e propostas concretas para fortalecer a lingua no ámbito da intelixencia artificial, nos medios e nas redes culturais no exterior.
Fonte: Consello da Cultura Galega
A palabra «lubre» entra no dicionario da Real Academia Galega
A Real Academia Galega vén de incorporar ao seu dicionario o termo lubre, que designa un bosque sagrado de culto celta, tras unha proposta impulsada por Bieito Romero, líder do grupo musical Luar na Lubre.
Fonte: Galicia Confidencial
Valentín García participa na presentación do libro «O agrarismo nas terras de Chantada»
O secretario xeral da Lingua, Valentín García, participou na presentación da obra O agrarismo nas terras de Chantada, de Antonio Paz Vázquez, gañadora do XVII Certame de Investigación Condado de Pallares.
Fonte: O Portal da Lingua Galega
A Real Academia Galega e a asociación Alingua estudan formas de colaboración en iniciativas a prol do galego
A Real Academia Galega e a asociación Alingua estudan fórmulas de colaboración para promover a normalización do galego desde o ámbito local. No encontro, ambas as dúas entidades mostraron interese por proxectos compartidos como Enreguéifate, Youtubeiras ou Apego, así como por ampliar a iniciativa «Modo Galego, actívao!» a máis concellos.
Fonte: Real Academia Galega
Valentín García salienta a contribución das xornadas de convivencia ‘Cholo e Nela’ para pór en valor o galego dun xeito lúdico e educativo entre a cativada

O secretario xeral da Lingua, Valentín García, salientou a importante contribución para “pór en valor o galego dun xeito lúdico e educativo entre a cativada” da xornada de convivencia Cholo e Nela Ciencia e Conciencia, que se desenvolveu no colexio Manuel Respino, do municipio ourensán da Rúa, coa participación de 500 rapaces de 18 centros de Educación Infantil da provincia de Ourense, que estiveron acompañados polos seus mestres e por 300 pais e nais.
Fonte: O Portal da Lingua Galega
A Xunta e as universidades galegas afondan nas liñas de actuación para seguir fomentando o uso da lingua

O secretario xeral da Lingua, Valentín García, e o secretario xeral de Universidades, José Alberto Díez, participaron na Coruña na reunión ordinaria da Comisión Interuniversitaria de Política Lingüística, xunto cos representantes dos órganos de goberno das tres universidades públicas galegas e membros dos seus servizos de normalización lingüística.
Fonte: O Portal da Lingua Galega
Valentín García enxalza os espazos escolares “como motores de dinamización do galego”
O secretario xeral da Lingua, Valentín García, participou no instituto Rafael Dieste da Coruña na presentación da segunda edición do festival musical Aquí tamén se fala, impulsado polo propio centro educativo coa colaboración da Xunta de Galicia, e do que resaltou que “se volve pór de manifesto a importancia dos espazos escolares como motores de dinamización da nosa lingua e a implicación de alumnado e profesorado con este tipo de proxectos a prol do galego”.
Fonte: O Portal da Lingua Galega
A Xunta destaca a contribución do Premio Literario San Clemente a crear novas xeracións de lectores
O secretario xeral técnico, Manuel Vila, e o secretario xeral da Lingua, Valentín García, participaron na rolda de prensa de presentación das nove obras finalistas do XXIX Premio Literario Arcebispo Juan de San Clemente, organizado polo Instituto IES Rosalía de Castro de Santiago en colaboración coa Xunta de Galicia. Os representantes das consellerías de Educación, Ciencia, Universidades e FP e de Cultura, Lingua e Xuventude aplaudiron o labor de todos os implicados no certame e desenvolvemento da elección dos nove finalistas desta edición.
Fonte: O Portal da Lingua Galega
A Universidade de Santiago convoca un concurso de creación de contidos de calidade en galego para a Galipedia
A USC convoca a segunda edición do Concurso de edición da Galipedia, co obxectivo de fomentar a creación e mellora de contidos enciclopédicos en galego en distintas áreas do saber. A iniciativa, dirixida á comunidade universitaria, busca reforzar a presenza do idioma na difusión do coñecemento. Concederanse premios ás mellores achegas en cinco ámbitos temáticos.
Boletín
Subscríbase ao boletín