Galicia
A Xunta iniciará un proceso de diálogo co Goberno central para garantir que o novo programa da xustiza estea dispoñible tamén en galego

A Xunta de Galicia iniciará un proceso de diálogo co Goberno central para garantir que o novo sistema de xestión procesual que vai implantar o Ministerio de Xustiza esta dispoñible tamén en lingua galega. Así llo informou o conselleiro de Cultura, Lingua e Xuventude, José López Campos, aos representantes da Irmandade Xurídica, cos que se reuniu para trasladarlle a súa preocupación sobre que o Goberno central habilite só en castelán a plataforma Atenea, que substitúe á anterior, Minerva.
Fonte: O Portal da Lingua Galega
A Universidade da Coruña organiza un percorrido polo campus de Elviña para coñecer a toponimia da zona
A Universidade da Coruña organizou unha actividade no campus de Elviña no marco do proxecto “O campus nomeado”, que busca recuperar e poñer en valor a toponimia tradicional da zona. O percorrido incluíu lugares como A Cortiña, As Carballeiras e O Souto e contou coa colaboración das asociacións veciñais.
Fonte: Universidade da Coruña
Un festival do Piamonte que reivindica a diversidade lingüística premia a escritora Berta Dávila polo seu compromiso co galego
A escritora Berta Dávila recibiu o Premio Ostana Scritture in lingua madre 2025 na categoría Giovani polo seu compromiso co galego. Deste xeito, convértese na cuarta persoa distinguida en representación desta lingua tras Manuel Rivas, Craig Patterson e Alfredo Conde.
Fonte: Culturagalega
Preséntase en Cambados a tradución ao xaponés da obra de Ramón Cabanillas “Samos”
Takekazu Asaka presentou en Cambados a súa tradución ao xaponés de Samos, a última obra de Ramón Cabanillas. O académico continúa así achegando o legado literario do poeta galego á cultura nipoa, desta vez cos versos dedicados ao mosteiro onde Cabanillas atopou consolo tras a morte da súa muller e un fillo.
Fonte: Real Academia Galega
A Asociación Socio-Pedagóxica Galega convoca o XXIV Concurso de relato oral Tíralle da lingua

Este certame, dirixido á comunidade educativa, ten como obxectivo normalizar o uso oral do galego e contribuír a que este se converta en instrumento habitual de comunicación e creación de historias no ámbito escolar.
Fonte: Consello da Cultura Galega
Un modelo matemático desenvolvido nas universidades de Vigo e A Rioxa predí o futuro das linguas que coexisten

Persoal investigador das universidades de Vigo e A Rioxa desenvolveu un modelo matemático que predí a evolución de linguas nun sistema multilingüe. O estudo, recentemente publicado na revista CSIAM Transactions on Applied Mathematics, revela que sen políticas lingüísticas adecuadas, as linguas minorizadas poden acabar extinguíndose.
Fonte: Universidade de Vigo
Valentín García destaca a Ugía Pedreira por “manter vivas as raíces da nosa tradición popular”
O secretario xeral da Lingua, Valentín García, presentou en Ames o concerto Basal, co que Ugía Pedreira achega o seu último traballo, e que se trata “dunha das propostas coas que colaboramos desde a Xunta de Galicia no marco da programación para celebrar durante todo o ano estas Letras Galegas vencelladas á nosa música tradicional”, apuntou.
Fonte: O Portal da Lingua Galega
A CRTVG lanza unha convocatoria de contidos dixitais en galego para 15 novos proxectos

A CRTVG abriu unha nova convocatoria de contidos dixitais cun orzamento de até 357 000 euros, destinado á produción de 15 proxectos para as plataformas AGalega.gal e Xabarin.gal. A convocatoria está dividida en cinco categorías: ficción, entretemento, divulgación, infantil e videopodcast, e todos os proxectos deben estar realizados en galego.
Fonte: CRTVG
Rueda e o presidente da Real Academia Galega reforzan a cooperación para impulsar a lingua
O presidente da Xunta, Alfonso Rueda, mantivo esta tarde a súa primeira reunión co novo presidente da Real Academia Galega (RAG), Henrique Monteagudo, unha xuntanza que permitiu reforzar a cooperación entre as dúas entidades para prestixiar a lingua e impulsar o seu uso social.
Fonte: O Portal da Lingua Galega
A Xunta recibe o alumnado de galego do Instituto Cañada Blanch de Londres na súa ‘Viaxe da Lingua’

O secretario xeral da Lingua, Valentín García, recibiu hoxe no pazo de San Roque a 14 alumnos, estudantes de galego, do instituto Cañada Blanch de Londres que veñen de percorrer Galicia durante esta semana, acompañados por dous docentes. A visita enmárcase na iniciativa Viaxe da Lingua, posta en marcha pola Xunta a través das secretarías xerais da Lingua e da Emigración.
Fonte: O Portal da Lingua Galega
Boletín
Subscríbase ao boletín