Galicia
Valentín García pon en valor as iniciativas da Xunta para “achegar o galego aos que proveñen de fóra de Galicia”

O secretario xeral da Lingua, Valentín García, participou no Fórum Carballo na inauguración do XVIII Curso de Verán sobre Dinamización Lingüística Traballando en lingua con Inmigrantes, onde sinalou “a importancia de achegar o galego a todas as persoas e promover o seu uso entre os colectivos migrantes asentados en Galicia”.
Fonte: O Portal da Lingua Galega
María López Quiroga acada o Illa Nova de Narrativa coa súa novela
María López Quiroga, formada entre Edimburgo e Madrid, foi galardoada co Premio Illa Nova de Narrativa pola súa novela Perder o norte. O xurado salientou o estilo contemporáneo da novela que emprega recursos do teatro para abordar temas actuais como a saúde mental e o sufrimento.
Fonte: Cultura galega
Luscofusco publica poemas inéditos de Celso Emilio Ferreiro
A editorial Luscofusco recupera corenta textos inéditos de Celso Emilio Ferreiro, recollidos polo seu fillo Xabier Ferreiro baixo o título Pido unha patria ao mundo. Os textos ofrecen unha nova ollada sobre o compromiso político e poético do autor.
Fonte: Cultura galega
Valentín García asiste ao festival "Abride a fiestra"
O secretario xeral da Lingua, Valentín García, asistiu ao festival Abride a fiestra 2025, organizado pola Casa de Rosalía co apoio da Consellaría de Cultura, Lingua e Xuventude.
Fonte: O Portal da Lingua Galega
Valentín García participa na homenaxe a Xoán Xosé F. Abella da XVII Forxa Literaria
O secretario xeral da Lingua, Valentín García, participou na homenaxe en lembranza de Xoán Xosé Fernández Abella, no marco da XVII Forxa Literaria-Encontros Culturais no Rural da Fundación Paco Lareo-A Solaina de Piloño.
Fonte: O Portal da Lingua Galega
A Xunta apoia un ano máis os Premios Lois Peña Novo que recoñecen o labor a prol da lingua

A Xunta volveu apoiar unha nova edición dos Premios Lois Peña Novo, galardóns que van pola súa vixésimo novena edición e que son concedidos anualmente pola fundación homónima co obxectivo de recoñecer o labor de persoas, entidades e empresas que traballan a prol da lingua galega no ámbito das administracións públicas.
Fonte: O Portal da Lingua Galega
López Campos reitera no parlamento que a Xunta garantirá que o novo programa da xustiza estea dispoñible en galego e castelán

O conselleiro de Cultura, Lingua e Xuventude, José López Campos, respondeu no Parlamento a preguntas relacionadas coa actividade do seu departamento e nas que reiterou que a Xunta de Galicia garantirá que o novo sistema de xestión procesual que vai implantar o Ministerio de Xustiza estea dispoñible tanto en galego como en castelán.
Fonte: O Portal da Lingua Galega
Valentín García agradece a contribución ao impulso do uso e prestixio do galego dos Premios de Microrrelatos de Feiraco

O secretario xeral da Lingua, Valentín García, participou hoxe na entrega de premios do XIII Certame Microrrelatos de Feiraco, onde agradeceu a implicación desta entidade na promoción e divulgación da lingua galega, “que contribúe a que sexa maior o seu uso e prestixio”.
A sede da Cooperativa Láctea Unidas, no concello coruñés de Ames, foi o escenario da entrega destes galardóns, que recoñeceron a “brillantez e calidade” de seis traballos que tiñan como obxecto achegar as xeracións máis novas á figura das cantareiras e da poesía tradicional oral, homenaxeadas nas Letras Galegas deste ano.
Fonte: O Portal da Lingua Galega
As axudas da Xunta ao talento audiovisual distribúen 176 000 euros entre 11 curtas e longametraxes
A Xunta de Galicia acaba de resolver a concesión da súa convocatoria anual de subvencións á creación audiovisual para a promoción do talento galego, a través da que inviste 176 000 euros en 11 novas curtas e longametraxes en versión orixinal galega.
Fonte: O Portal da Lingua Galega
Os cambios nas preferencias nos nomes de persoa en Galicia reflicten as mudanzas sociais
A evolución dos nomes en Galicia ao longo das últimas décadas revela profundas transformacións culturais, sociais e lingüísticas. Os nomes tradicionais compostos foron desaparecendo progresivamente en favor de opcións máis curtas, modernas e diversas, incluíndo hipocorísticos e formas propias do galego. Esta tendencia reflicte unha sociedade máis globalizada, pero tamén máis consciente da súa identidade e pluralidade.
Fonte: Praza
Boletín
Subscríbase ao boletín