Galicia

A Xunta destaca a contribución do Premio Literario San Clemente a crear novas xeracións de lectores

O secretario xeral técnico, Manuel Vila, e o secretario xeral da Lingua, Valentín García, participaron na rolda de prensa de presentación das nove obras finalistas do XXIX Premio Literario Arcebispo Juan de San Clemente, organizado polo Instituto IES Rosalía de Castro de Santiago en colaboración coa Xunta de Galicia. Os representantes das consellerías de Educación, Ciencia, Universidades e FP e de Cultura, Lingua e Xuventude aplaudiron o labor de todos os implicados no certame e desenvolvemento da elección dos nove finalistas desta edición.

Fonte: O Portal da Lingua Galega

A Universidade de Santiago convoca un concurso de creación de contidos de calidade en galego para a Galipedia

A USC convoca a segunda edición do Concurso de edición da Galipedia, co obxectivo de fomentar a creación e mellora de contidos enciclopédicos en galego en distintas áreas do saber. A iniciativa, dirixida á comunidade universitaria, busca reforzar a presenza do idioma na difusión do coñecemento. Concederanse premios ás mellores achegas en cinco ámbitos temáticos.

Fonte: Universidade de Santiago de Compostela

Os Premios Lois Peña Novo 2025 recoñecen o traballo a prol do galego das persoas e entidades galardoadas neste edición

O xurado recoñece a Asesoría Xurídica da Deputación de Lugo pola súa decidida galeguización da práctica legal que a converte nun modelo para outras entidades. Destaca tamén o labor de Esther Estévez en “Dígocho eu” pola súa capacidade de achegar o galego á mocidade con frescura e orgullo. Finalmente, salienta o compromiso de Miguel Anxo Seixas coa lingua e a memoria histórica a través do seu estudo sobre Castelao.

Fonte: Galicia Confidencial

O Consello da Cultura Galega presenta un informe que analiza a oferta cultural en galego para a infancia e a mocidade

O informe Oferta e demanda de produtos e servizos culturais en galego para a infancia e mocidade analiza a presenza da lingua galega na oferta cultural destinada a este público e constata que existe demanda de produtos culturais neste idioma, mais a oferta actual resulta insuficiente. A análise, baseada en máis de mil enquisas a entidades culturais, revela que só un 37,74 % da produción en galego se dirixe a estes grupos de idade. As entidades consideran que medidas como o impulso desde os centros educativos ou a creación de contidos dixitais serían claves para ampliar a oferta e favorecer o consumo.

Fonte: Consello da Cultura Galega

A Deputación de Pontevedra impulsa a microtoponimia da provincia co proxecto «Os nomes da nosa terra»

A Deputación de Pontevedra presenta unha nova edición de «Os nomes da nosa terra», proxecto audiovisual que promove a recuperación e difusión dos topónimos tradicionais da provincia. A través de testemuños da veciñanza, centros educativos e asociacións, visibilízanse nomes ligados á memoria colectiva e ao territorio. A iniciativa contribúe á salvagarda do patrimonio inmaterial e ao fomento do galego desde a raíz local.

Fonte: Deputación de Pontevedra

Valentín García agradece o traballo de ‘Ponte... nas ondas!’ no reforzo dos lazos coa lusofonía

O secretario xeral da Lingua, Valentín García, participou na presentación da foliada das letras galego-portuguesas «Agora cantamos nós». Trátase dunha iniciativa que organiza «Ponte... nas ondas!», a quen agradeceu o seu traballo no reforzo dos lazos coa lusofonía.

Fonte: O Portal da Lingua Galega

Valentín Garcia destaca a creación en galego como referente para as novas xeracións no Festival de Cans

O secretario xeral da Lingua, Valentín García, asistiu á XXII edición do Festival de Cine de Cans que acolleu a apertura da exposición «Cans senior» e a inauguración da rúa efémera dedicada á cineasta galega Cruz Risco. No acto, acompañado por un grupo de alumnos gañadores do certame «Nós tamén creamos!», destacou a importancia da creación en galego como referente para as novas xeracións.

Fonte: O Portal da Lingua Galega

Rueda preside a Sesión Plenaria Extraordinaria e Pública da Real Academia Galega con motivo do Día das Letras Galegas 2025

O presidente da Xunta, Alfonso Rueda, acompañado doutros membros do Goberno galego, presidiu a Sesión Plenaria Extraordinaria e Pública da Real Academia Galega con motivo do Día das Letras Galegas 2025 celebrada no Centro Cívico Cultural de Malpica de Bergantiños.

Fonte: O Portal da Lingua Galega

A Xunta e Vegalsa-Eroski festexan as letras galegas cunha campaña que homenaxea as cantareiras

A Xunta volve colaborar un ano máis coa Vegalsa-Eroski na campaña das Letras Galegas coa que esta distribuidora alimentaria homenaxea as cantareiras e a poesía popular oral. Para iso, durante todo o mes de maio exhibirá nos seus 150 establecementos de toda Galicia carteis conmemorativos e repartirá entre os seus clientes unha edición especial das súas bolsas da compra.

Fonte: O Portal da Lingua Galega

Entréganse os premios do certame Enreguéifate, que impulsa a improvisación oral en galego

O certame Enreguéifate celebrou a entrega de premios no Auditorio de Galicia, tras unha edición histórica con récord de participación. O proxecto, promovido por varios concellos, ten como obxectivo impulsar a regueifa e a improvisación oral en galego entre a cidadanía, e sitúase como unha iniciativa de referencia na promoción da lingua e da tradición oral.

Fonte: Praza

Boletín

Subscríbase ao boletín

Logo Feder